Cobre o teu Diario de aprendizaxe

Chegou o momento de que cubras os apartados da Fase 3 do teu diario de aprendizaxe.
Nesta fase, centrácheste en investigar que características teñen os espazos de xogo que temos na nosa contorna e tamén aprendiches o que son as capacidades físicas básicas. Isto, máis o aprendido nas sesións motrices, axudarache moito para saber como superar as barreiras que atopes e realizar o reto final de intentar deseñar unha actividade pensando en todo o mundo no que participa.
Anota as túas reflexións e recorda... cubrir este diario será de moita axuda para saber como aprendes.