Saltar navegación

5.4. Diario de aprendizaxe

Cobre o teu Diario de aprendizaxe

Icona dun diario de aprendizaxe

Xa finalizamos a Fase 5 da nosa situación de aprendizaxe e, cubrindo o seu apartado, imos rematar o noso diario de aprendizaxe.

É o momento de sacar conclusións sobre a maneira na que nos avaliamos. Tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, cas opinións dos teus compañeiros e compañeiras e seguindo unha rúbrica de autoavaliación na que, de maneira persoal, reflexionaches sobre o realizado durante toda a situación de aprendizaxe.

Crees que é sinxelo realizar unha boa avaliación con estes instrumentos? Serviuche ter unha lista de tarefas para guiarte no proceso? Como levaches as opinións dos demais? Anota no diario as túas reflexións e recorda que esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)