Cobre o teu Diario de aprendizaxe

Antes de comezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, dedica uns minutos a ler as seguintes explicacións.
Que é un diario de aprendizaxe?
Nesta fase, descubriches o reto e os obxectivos que queremos acadar e, agora, tócache reflexionar sobre estes aspectos. Busca no teu Diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á Fase 1 e completa os apartados.
Non escribas calquera cousa só por rematar pronto, dedica uns minutos a pensar sobre o teu traballo, os coñecementos que che servirán para superar o reto e as habilidades que poñerás en práctica co mesmo. Utilizar o diario de aprendizaxe correctamente servirache para mellorar a túa forma de aprender.
Se non tes o diario de aprendizaxe, podes descargar o documento desde a seguinte ligazón: