Saltar navegación

1.3. Obxectivos

 

Glosario

Habilidades motrices

Pictograma que representa Habilidades motrices

Definición:

Accións físicas que requiren coordinación e control muscular.

Exemplo:

Os alumnos demostraron habilidades motrices impresionantes facendo saltos de corda durante a clase.

Mancarse

Pictograma que representa Mancarse

Definición:

Sufrir un dano físico, por exemplo cunha caída ou un golpe.

Exemplo:

Tropezou nunha pedra e mancouse nun dedo.

Seguridade

Pictograma que representa Seguridade

Definición:

Que non comporta riscos ou perigos.

Exemplo:

É importante tomar medidas de seguridade antes de practicar parkour.

Obxectivos

Obxectivo nunha diana

  1. Coñecer e practicar diferentes habilidades motrices por medio actividades e xogos.
  2. Desenvolver e potenciar as nosas capacidades físicas básicas a través de actividades relacionadas coa corda e o parkour.
  3. Idear e deseñar, de xeito cooperativo, circuítos motrices accesibles de superar para todo o alumnado independentemente do seu nivel de habilidade.
  4. Recoñecer a importancia da seguridade ao planificar actividades e realizar movementos para non mancarse.
  5. Sensibilizar sobre a necesidade do coidado e o uso axeitado do material e mobiliario do centro e/ou do entorno natural e urbano.
  6. Desenvolver a creatividade á hora de deseñar circuítos motrices, interiorizando a importancia da igualdade de oportunidades.

Lectura facilitada

Obxectivos:

  • Coñecer e practicar diferentes habilidades motrices.
  • Desenvolver as nosas capacidades físicas a través da corda e o parkour.
  • Deseñar circuítos motrices para todo o alumnado.
  • Recoñecer a importancia da seguridade para non mancarse.
  • Coidar e usar o material e mobiliario do centro e do entorno natural e urbano.
  • Desenvolver a creatividade.

Que vas a aprender?

Pictograma Saltar a la comba

A mellorar as túas capacidades físicas ca corda e o parkour.

Traballar en grupo

A colaborar e planificar actividades en grupo.

Hacerse daño

A non mancarte cando fagas exercicio.

Coidar o material

A coidar os materiais e o entorno que te rodea.

Bombilla e idea

A ser unha persoa máis creativa e igualitaria.

Ordenador

A usar ferramentas e plataformas dixitais.

Lectura facilitada

Aprenderás a:

  • Mellorar as túas capacidades físicas ca corda e o parkour.
  • Colaborar e planificar actividades en grupo.
  • A non mancarte cando fagas exercicio.
  • A coidar os materiais e a contorna.
  • A ser una persoa máis creativa e igualitaria.
  • A usar ferramentas e plataformas dixitais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)