Glosario
Barreiras arquitectónicas
-
Definición:
-
Obstáculo artificial que nos atopamos na contorna que impide ou dificulta o paso, a comunicación ou o contacto.
-
Exemplo:
-
As barreiras arquitectónicas impiden o acceso ao edificio de persoas con mobilidade reducida.
Circuítos motrices
-
Definición:
-
Secuencias de actividades físicas destinadas a mellorar as habilidades motrices e a coordinación das persoas participantes.
-
Exemplo:
-
O circuíto motriz ofrece unha variedade de exercicios para desenvolver a motricidade dun xeito divertido e dinámico.
Contorna
-
Definición:
-
Zona ou territorio, máis ou menos delimitado, arredor dun lugar ou unha persoa en concreto.
-
Exemplo:
-
É importante adaptar a nosa actividade física a contorna para maximizar os seus beneficios e minimizar os riscos.
Creatividade
-
Definición:
-
Facultade que teñen as persoas que posúen a capacidade de crear e inventar.
-
Exemplo:
-
A creatividade no deporte é o que permitiu aos/ás deportistas atopar solucións únicas e brillantes no terreo de xogo.
Discriminación
-
Definición:
-
Dar un trato desigual a unha persoa ou grupo por razóns de raza, relixión, política, sexo, idade, condición física ou psíquica...
-
Exemplo:
-
Calquera forma de discriminación debe ser erradicada para promover a inclusión e o benestar de todos.
Limitación física
-
Definición:
-
Incapacidade dunha persoa para realizar algunha actividade física en concreto.
-
Exemplo:
-
A limitación física por unha lesión no xeonllo impídelle correr.
Solidariedade
-
Definición:
-
Axuda ou apoio que se lle presta a quen o necesita.
-
Exemplo:
-
Por solidariedade, organízanse actos solidarios para apoiar causas sociais a través do deporte.
Xa viches que nos atoparemos con moitos obstáculos na nosa vida e a contorna que nos rodea non se libra de telos. Unha cidade, por exemplo, é un escenario cheo de vida, pero tamén cheo de obstáculos que impiden que moitas persoas (en particular as que teñen algunha limitación física) gocen plenamente das marabillas que nos ofrece. Estes obstáculos coñécense como barreiras arquitectónicas e, por desgraza, son unha forma de discriminación.