Actividades: Canto sabes das túas habilidades?
Durante os cursos pasados, coñeciches e puxeches en práctica unha morea de habilidades motrices, e traballaches moito, para practicalas e dominalas todo o que puideches. É hora de poñer a funcionar o teu cerebro para recordar ben cales eran esas habilidades, pois no curso no que estás, estas deben combinarse do xeito máis eficiente posible para realizar con éxito as diferentes actividades e deportes que che propoña o teu mestre ou mestra.
Recoñecerás axeitadamente as habilidades motrices básicas? Ponte a proba!
É importante lembrar todas esas cousas que sabemos sobre as nosas habilidades, xa que nos servirán para poder seguir avanzando e superar o noso reto final: o circuíto inclusivo.