Saltar navegación

4.1. O camiño para conseguilo

 

Glosario

Indicadores de logro

Pictograma que representa Ítem

Definición:

Cada unha das partes ou unidades dunha lista, dunha proba, dun cuestionario...

Exemplo:

Creei unha lista de todos os deberes e, cando remato, marco o indicador de logro acadado.

Lista de cotexo

Pictograma que representa Lista de cotexo

Definición:

Rexistro para seguir o progreso ou a realización de tarefas específicas con ocos para marcar se se cumpren ou non.

Exemplo:

A lista de cotexo de baloncesto axuda ao profesor a seguir as habilidades e o progreso do alumnado.

Orientacións para superar o reto

Atende ben aos seguintes pasos para a construción dos vosos circuítos, son os que precisarás dar para completar con éxito o reto:

1. Pensa e idea Ti e máis teu grupo, idearedes un circuíto con variadas probas motrices. É importante que planifiquedes todo ben antes de poñervos a practicar. Todos e todas debedes participar e achegar ideas.
2. Monta e proba Unha vez o teñades claro, chega o momento de levalo á práctica: organizade o material no ximnasio e facede o voso circuíto realidade. Despois, teredes que probalo para ter a seguridade de que o grupo enteiro pode superalo con éxito.
3. Elabora e entrega Unha vez probado e validado o circuíto, teredes que coidar a maneira de presentalo na ficha voso grupo. Realizade un debuxo e unha explicación detallada das diferentes probas, o cal entregaredes ao/á docente. 

Antes de continuar, hai algo importante que debes saber! Para finalizar axeitadamente o teu reto e non esquecer ningún paso, terás á túa disposición unha lista de cotexo cunha serie de indicadores de logro que debes cumprir e marcar como completados. As listas de cotexo son un bo sistema para que vaias rexistrando os teus avances.

Acceso á lista de cotexo no apartado 4.2 desta fase.

Lectura facilitada

Recorda que o reto consiste en crear un circuíto de habilidades que sexa doado para todos e todas.

Xa tes un equipo e xa aprendiches e practicaches as habilidades da corda e do parkour para mellorar as túas capacidades físicas.

Agora é o momento de facer o reto.

Segue os seguintes pasos:

1. Pensade a idea.

Pensade e planificade as probas que terá o voso circuíto. Que todo o mundo participe e aporte ideas.

2. Montade e probade.

Colocade o material no ximnasio e realizade o circuíto. Todos e todas debedes ser capaces de superalo.

3. Creade e presentade

Unha vez rematado, debuxádeo e explicádeo na ficha do voso grupo. Entregádeo ao/á docente. 

Para facer ben o reto e non esquecer nada, utiliza a checklist cos ítems que debes completar.

A encontrarás no apartado 4.4.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)