Saltar navegación

5.1. Coavaliación e outras opinións

Expoñemos e os probamos

Chega o momento de probar os circuítos feitos polos outros grupos e tamén observar como os vosos compañeiros e compañeiras se moven polo voso circuíto.

Cando sexa a vosa quenda, ti e máis o teu equipo, debedes montar o voso circuíto e explicarllo ao resto dos grupos da vosa clase. É moi importante que esteades atentos á seguridade dos e das participantes, movéndovos preto deles/as e botando unha man se o precisaran. 

A eles/as tocaralles realizar as diferentes probas que propoñedes, mentres vós axudades e dades recomendacións para superar os obstáculos. 

Haberá algún obstáculo complicado para eles? Serán quen de realizalo en menos de 3 min? Gustaralles? Imos observalo!

Para iso, ídesvos axudar dunha ficha de avaliación, onde aparecen diferentes criterios que teredes que observar, analizar e cualificar. Teredes que cubrir unha ficha por cada circuíto probado. Aquí tedes a súa ligazón:

Acceso ao documento: Coavaliación de circuítos (PDF - ábrese en nova xanela)

Unha vez teñades montados e realizados os diferentes circuítos, cada equipo deberá cubrir a ficha de cada circuíto probado e emitir unha puntuación global sobre os distintos percorridos de parkour e saltos á corda.

Queredes seguir difundindo os vosos proxectos?

Icona libro

Crearemos un libriño con todas as vosas creacións, obtendo, para cada un, unha fotografía de cada percorrido e unha pequena explicación do mesmo. Esta ficha será incorporada a ese 'Circuítos de parkour e corda'.

Estes circuítos poderanse abrir para o resto do alumnado do centro no tempo de lecer. No tempo de recreo, e durante un día á semana, escollerase un circuíto para que sexa practicado por aquel alumnado que o desexe. A montaxe do mesmo correrá a cargo dos seus creadores e das súas creadoras.

O alumnado visitante poderá deixar as súas opinións nun libro de visitas que habilitaremos para que firmen unha vez o fagan.

Gustaralles o circuíto? Serán quen de realizalo no tempo indicado?

Debate

Duración:
10:00
Agrupamento:
Pequeno grupo - gran grupo

Imaxe dun grupo de avatares debatendo

Que descubristes nas fichas?

Tivestes medo á hora de superar algún obstáculo ou recibistes axuda?

Cales foron os puntos fortes do voso traballo?

Que aspectos poderiades mellorar no voso circuíto?

A continuación vai un resumo de todo o que aprendiches nesta situación de aprendizaxe. Fai clic na imaxe para visualizar o arquivo.

Resumo da situación de aprendizaxe Saltando Barreiras

Feito con eXeLearning (Nova xanela)