Saltar navegación

3.3. Valora os teus progresos

 

Glosario

Autoavaliación

Pictograma que representa Autoavaliación

Definición:

Avaliación que alguén fai de si mesmo ou dalgún aspecto ou actividade propia.

Exemplo:

Pensas en como fas as cousas. É como darte unha nota cando te autoavalías.

Coavaliación

Pictograma que representa Coavaliación

Definición:

Avaliar os coñecementos, habilidades e rendemento entre un grupo de persoas (por exemplo compañeiros e compañeiras).

Exemplo:

A coavaliación promove a aprendizaxe colaborativa ao permitir que os compañeiros e as compañeiras déanse comentarios sobre o seu traballo.

Comproba como avanzas

Captura de pantalla da lista de cotexoA seguinte ficha de autoavaliación e coavaliación servirache para ir comprobando como vai o teu avance nos saltos ca corda e movementos de parkour.

Cando aprendas a realizar un movemento, deberás de marcalo e buscar a unha persoa (compañeiro ou compañeira) que valide a túa aprendizaxe.

Para iso, tendes dúas columnas:

  • Autoavaliación (AA): cando marcas ti que consideras que che sae o movemento, e dicir, rexistras o teu propio avance. 
  • Coavaliación (CO): a comprobación que che fai esta persoa e que necesitas para validar que che saíu esa actividade.

Acceso ao documento en PDF: Valora os teus progresos (Ábrese en nova xanela)

Acceso ao documento en formato editable: Valora os teus progresos (.odt)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)