Saltar navegación

Elabora e entrega

 

Glosario

Esbozo

Pictograma que representa Esbozo

Definición:

Debuxo en que se deseñan os trazos esenciais.

Exemplo:

O esbozo do plan está listo para ser revisado.

O teu esbozo

Unha vez comprobado que tes un circuíto completo e accesible a todo o alumnado, debes deixalo por escrito elaborando un debuxo explicativo (esbozo), detallando as diferentes probas e habilidades necesarias, o material necesario e a súa colocación, e tamén a orde na que se debe percorrer.

A continuación, terás uns consellos que che axudarán a crear un esbozo perfecto. E non esquezas completar a túa lista de cotexo con todos os obxectivos propostos!

1. Recordas o bosquexo que fixeches na fase de "pensa e idea"? Servirache de base para poder crear o teu documento definitivo!

2. Non esquezas detallar o máximo posible as diferentes probas e sucesións de habilidades necesarias, utilizando o nome dos diferentes movementos da corda e do parkour.

3. De todos os xeitos, recorda que o circuíto pode ser superado de diversas formas por cada participante, polo que non é estritamente necesario que sigan as vosas pautas na súa execución. Aínda así, debedes expoñer como propoñedes vós que é a mellor maneira para superalos.

4. Elabora o documento por escrito, o máis ordenado e limpo posible. É teu produto final completado, polo que debe ser coidado na súa presentación.

5. Deberás entregar o documento final (ficha de grupo) ao teu docente. Garda unha copia para ti, necesitarala cando presentes o teu circuíto ao resto da clase.

Lectura facilitada

Unha vez teñas o circuíto pensado e probado, debes deixalo por escrito facendo un esbozo. Detalla as probas, habilidades, material, colocación e orde na que se debe facer.

Consellos para axudarche a crear o esbozo:

1. Usa o bosquexo da fase de "pensa e idea" para crear o documento final.

2. Explica detalladamente as probas e as habilidades necesarias da corda e do parkour.

3. Ten en conta que cada participante buscará a súa forma persoal para facelo. Aínda así, debes explicar por escrito a vosa forma de executalo.

4. Elabora un documento limpo, ordenado e ben presentado.

5. Entrega o documento ao teu docente e garda unha copia para ti.

Queres un exemplo?

Aquí tes unha mostra de como pode quedar o teu documento unha vez o teñas finalizado e listo para entregar ao teu mestre ou mestra. Recorda que soamente é un esbozo, deberás utilizar a túa imaxinación para melloralo.

Imaxe de exemplo dun esbozo de circuíto

Lectura facilitada

Aquí tes un exemplo de documento listo para entregar ao teu mestre.

Utiliza a túa imaxinación para melloralo. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)