Hai que manter o equilibrio entre a actividade física e a intelectual.
Homoxéneo
Definición:
Grupo que está formado por elementos iguais, da mesma natureza ou moi semellantes.
Exemplo:
Aquel era un grupo homoxéneo de estudantes xa que eran similares en habilidades e coñecementos.
Formación de grupos
Nesta fase do proceso, imos crear os grupos de traballo, os cales se manterán durante todas as sesións ata alcanzar o reto final. Xuntos e xuntas compartiredes exercicios, corrixirédesvos e axudarédesvos. Tamén adquiriredes novas aprendizaxes e propoñeredes ideas creativas ata conseguir os coñecementos e habilidades suficientes para crear un circuíto motriz único e accesible a todo o mundo.
A idea é crear un grupo equilibrado e homoxéneo, onde todos e todas poidades participar e aportar libremente o voso gran de area. Non buscamos crear un equipo gañador, pois aquí non existe a competición. Aínda que a clase se agrupe en diferentes equipos, todos tendes o mesmo obxectivo común: crear circuítos motrices que poidan ser superados por calquera, sexa cal sexa a súa condición física ou motriz.
Estás preparado/a para saber quen será parte do teu equipo? Pois adiante!
Lectura facilitada
Nesta fase crearemos os grupos de traballo.
Estes, manteranse durante todas as sesións ata o reto final.
Compartiredes exercicios, correccións, axudas e aprendizaxes, e propoñeredes ideas creativas para a creación dun circuíto motriz único e accesible.
O grupo debe ser equilibrado. Todos e todas deben participar e aportar por igual.
Non se busca crear un equipo gañador pois non hai competición.
Todos e todas tedes o mesmo obxectivo común: crear circuítos motrices accesibles para o resto sen importar a súa condición física ou motriz.
Preparado/a? Adiante!
Audio
Traballo en equipo!
Unha vez formados os grupos, deberedes cubrir unha ficha de grupo na que teredes que elixir un nome para o equipo, anotar a todos os seus membros, apuntar os materiais necesarios, as habilidades incluídas e o tempo que vos levou realizar o circuíto. Ademais, utilizarédela tamén para crear un esbozo do voso produto final do reto cando toque facelo.
Descargade a vosa ficha de grupo na seguinte ligazón: