Saltar navegación

2.4. Diario de aprendizaxe

Cobre o teu Diario de aprendizaxe

Icona dun diario de aprendizaxe

Unha vez rematada esta Fase 2, tócache cubrir os seus apartados no teu diario de aprendizaxe.

Nesas páxinas é importante que reflexiones sobre o que xa sabes e xa coñecías das habilidades motrices, por exemplo: que tipos había, cales se aprenden antes e cales despois ou en que actividades do noso día a día se utilizan.

Anota os teus pensamentos e ideas no diario. Isto axudarache, nun futuro, a descubrir mellor como os teus coñecementos previos se poñen a funcionar e a buscar conexións para relacionarse coas novas cousas que temos que aprender. Se imos coñecendo a maneira na que aprendemos, nun futuro seremos capaces de aprender mellor.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)