Glosario
Sistema cardiovascular
-
Definición:
-
Aparello do corpo formado polo corazón e os vasos sanguíneos.
-
Exemplo:
-
O adestramento regular fortalece o sistema cardiovascular, mellorando así a saúde e o rendemento físico.
Definición:
Aparello do corpo formado polo corazón e os vasos sanguíneos.
Exemplo:
O adestramento regular fortalece o sistema cardiovascular, mellorando así a saúde e o rendemento físico.
Saltar á corda é unha acción motriz que forma parte do adestramento de moitos deportistas profesionais: atletas, boxeadores, tenistas... xa que proporciona numerosos beneficios para o noso organismo como a mellora do sistema cardiovascular, o fortalecemento dos músculos (principalmente das pernas), a mellora da coordinación, un aumento da concentración... A pouco que indagues por Internet, atoparás vídeos nos que as persoas protagonistas dos saltos á corda son dous tenistas considerados entre os máis grandes da historia: Djokovic ou Rafa Nadal.
Existen múltiples maneiras de saltar á corda, tanto de xeito individual como grupal. En ámbalas modalidades, trátase de saltar repetidamente sobre unha corda que é xirada pola mesma persoa que salta ou por outras persoas. Hai infinidade de saltos e combinacións diferentes: slalom, saltón, cruzado, dobre, tesoiras, poni etc.
Non pretendemos que te convertas en Ryan Alonzo, pero si pretendemos que coñezas e practiques durante as sesións, unha pequena variedade de saltos para que, unidos á túa creatividade, sexas capaz de realizar outros diferentes e que supoñan un reto para ti. Anímaste?
Sabías que o salto con corda é unha actividade milenaria que xurdiu nas antigas civilizacións de Exipto e China? Naquela época o transporte marítimo a través do río Nilo era primordial, polo que xurdiu unha industria moi ligada á fabricación de cordas. Aquelas que sobraban e que non eran utilizadas polos navíos, entregábanselle aos nenos para que se divertisen saltándoas. Este xogo foi observado polos mariñeiros que arribaban ás costas e cidades do interior do Nilo e foi difundido a outros portos do Mediterráneo Oriental.
Ao longo dos séculos foi sufrindo unha serie de variacións e evolucións (non hai moitos anos era considerado un xogo de nenas, cun carácter sexista moi marcado), ata chegar a tal e como o coñecemos hoxe en día.
Son moitos os beneficios para o organismo mediante saltos á corda:
- Mellora o teu sistema cardiovascular.
- Fortalece os teus músculos.
- Mellora a túa coordinación.
Á corda pódese saltar tanto de xeito individual como en grupo.
Existen multitude de saltos e combinacións: slalom, saltón, cruzado...
Trátase de que coñezas e practiques estes saltos máis outros inventados por ti.
Visualiza os seguintes vídeos e descubre como se chama cada un dos saltos á corda.
Selecciona as respostas correctas e pulsa sobre o botón de responder.
Queres aprender os distintos tipos de salto anteriores?
Descarga esta guía de saltos á corda cas súas fichas explicativas para ver unha pequena descrición dos saltos, os aspectos básicos para aprender como realizalos correctamente e os erros mais comúns que se producen ao realizalos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0