Actividade programada que se realiza cun fin determinado. É dicir, é un proxecto no que varias persoas traballan conxuntamente para lograr algo.
Exemplo:
A acción motriz é fundamental para o desenvolvemento físico e a coordinación nas actividades deportivas e recreativas.
Parkour
Sóache de algo o "pasavallas", o gato, o ladrón ou o dobre banco? Todas elas son técnicas e movementos básicos dunha actividade física chamada Parkour.
O parkour ten como obxectivo desprazarse dun punto a outro do xeito máis eficiente e rápido posible, utilizando unicamente o corpo e as habilidades de cada persoa. Pode executarse en medios urbanos ou naturais, e unha das cousas máis importantes que debes comprender é a importancia de non danar ningún elemento da contorna na que se practique. Sen a contorna, o parkour non pode existir, polo tanto, sempre que o poñas en práctica, asegúrate de manter o máximo coidado posible deste.
Para realizar esta actividade é moi importante garantir a seguridade, tanto para ti, coma para os e as demais. As persoas que practican este deporte nunca queren lesionarse, polo que aprenden cada movemento e cada secuencia de xeito progresivo, pouco a pouco, asegurándose de garantir que non se van facer dano e así manter a súa saúde e a das persoas que as rodean a salvo. Se notas que algo pode ser perigoso para ti, busca o xeito máis doado e seguro de superalo.
Segundo os principios do parkour, non existe nunca un xeito único e perfecto de superar todos os obstáculos, hai múltiples maneiras. Ese camiño ideal atoparalo por ti mesmo, adaptándoo aos teus criterios, ás túas capacidades e tamén as túas necesidades.
Nas sesións motrices, aprenderás novas formas de execución de saltos, agarres, equilibrios, recepcións e paso de obstáculos a través do parkour. A continuación, podes ver uns vídeos ilustrativos destas accións para que poidas coñecer máis sobre elas.
Queres saber máis?
Sabías que o “arte do desprazamento” (parkour) xurdiu en Francia nos anos 90? Os practicantes desta arte chámanse traceurs (rapaces) ou traceuse (rapazas), e ti podes converterte nun deles a través da práctica.
O creador desta disciplina foi un francés chamado David Belle que, de neno, movido polo xogo e o afán de aventura, imaxina historias onde usar as súas habilidades motrices e cualidades físicas para demostrar a súa forza e valentía ante situacións delicadas. E así nace o parkour, onde os traceurs deben trazar una liña recta para desprazarse superando todos e cantos obstáculos se lle poñan no seu camiño.
Lectura facilitada
O parkour é unha actividade física que utiliza o corpo e as súas habilidades para superar obstáculos.
O pasavallas, gato ou ladrón son algúns dos seus movementos básicos.
Pode executarse en medios urbanos ou naturais.
Unha das claves do parkour é o coidado do entorno no que se practica
e a seguridade dos participantes, chamados traceurs (rapaces) ou traceuse (rapazas).
Audio
Actividade 1: Habilidades do parkour
Antes de comezar o xogo, deberás facer unha busca individual en Internet para intentar identificar diferentes habilidades desta disciplina: pasavallas, recepción básica, o gato e rodada.
Unha vez teñas a información, pulsa iniciar e elixe a resposta axeitada para cada unha das catro habilidades. Conseguirás todos os puntos posibles?