Diario de aprendizaxe

O Diario de aprendizaxe é unha ferramenta a través da cal poderás recompilar datos sobre o teu proceso de aprendizaxe.
No diario atoparás preguntas guiadas que che axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes e será unha fonte de información útil para ti mesmo/a e para o teu profesorado, xa que poderás valorar os teus progresos e obterás moita información de como transcorre a túa aprendizaxe.
Recorda que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é un instrumento de avaliación. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.
Grazas a usar os diarios de aprendizaxe estarás desenvolvendo a túa autonomía e estarás aumentando a túa capacidade para aprender a aprender.
Descarga a continuación o teu Diario de aprendizaxe no formato que precises: