Saltar navegación

Monta e proba

 

Glosario

Media

Pictograma que representa Media

Definición:

Valor exacto comprendido entre o mínimo e o máximo de algo.

Exemplo:

O número medio de horas de exercicio recomendadas á semana é de polo menos tres horas.

A practicar!

Xa tes pensado e esbozado o teu circuíto e chega a hora de facelo realidade. Necesitarás poñerte a proba intentando superar as probas que pensaches, tendo en conta que non podes tardar máis de 3 minutos en terminar. 

Imos establecer unha serie de puntos clave para esta fase do produto final. Tenas moi en conta á hora de levar á realidade o teu circuíto, e recorda asegurarte que cumpres todos os ítems da lista de cotexo.

1. Collede todo o material necesario para a construción das diferentes probas. Organizádeo e colocádeo nos lugares exactos para darlle forma e sentido ao circuíto.

2. Poñede a proba o circuíto. É totalmente indispensable que cada un dos membros do equipo sexa capaz de superalo, polo que as probas motrices que fagades deben permitir que, sexa cal sexa a capacidade de cada un/unha, exista unha forma de superalas con éxito.

3. Tendo en conta que debedes preparar un circuíto accesible para todo o mundo, será moi importante pensar de antemán as dificultades que poden xurdir e acordar, entre todos e todas, posibles solucións que serán explicadas aos compañeiros e compañeiras que vaian realizalo. 

4. Calculade o tempo. Anotade canto vos leva a cada un de vós facer o circuíto enteiro e, logo, apuntade a media do grupo. O tempo non pode superar os 3 minutos de duración. 

5. Se algunha persoa do grupo non pode superar algunha proba de ningunha maneira, ou ben, non consegue facelo antes dos 3 minutos, deberedes acordar as variacións necesarias para axustar o voso circuíto e deixalo listo.

Lectura facilitada

Xa tes feito o bosquexo do teu circuíto, agora tes que practicalo.

Ponte a proba superando as probas que pensaches.

Non podes tardar máis de 3 minutos en terminar.

Estes son os puntos clave para esta fase:

1. Collede o material necesario e colocádeo no seu lugar.

2. Pon a proba o circuíto. Todos e todas deben ser capaces de superalo con éxito.

3. Pensa nas dificultades que podan xurdir e nas súas posibles solucións.

4. Calcula e anota o tempo de cada membro do grupo para obter a media. Non pode superar os tres minutos.

5. Se algunha persoa do grupo non é capaz de superalo, debedes acordar facer as variacións necesarias.

Moi importante...

Pictograma material deportivo

Pictograma perigo

NORMAS DE SEGURIDADE

- Mobiliza o material necesario con axuda.

- Asegura a estabilidade dos elementos usados.

- Utiliza colchóns nas zonas de dificultade.

Pictograma coidado da contornaCOIDADO DA CONTORNA

- Respecta o uso axeitado dos materiais.

- Nas contornas urbanas, non produzas danos.

- Na natureza, protexe a flora e a fauna.

Lectura facilitada

Normas de seguridade:

1. Mobiliza o material necesario con axuda.

2. Asegura a estabilidade dos elementos usados.

3. Utiliza colchóns nas zonas de dificultade.

Coidado da contorna 

1. Respecta o uso axeitado dos materiais.

2. Nas contornas urbanas, non produzas danos.

3. Na natureza, protexe a flora e a fauna.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)