Saltar navegación

Medir

Argumentar

Icono medirNesta sección imos medir como argumentar.

Argumentar é un acto habitual nas nosas vidas.  Argumentamos cando temos que escoller unha comida, un libro ou unha serie, unha hora para quedar coas nosas amistades, etc. Na vida democrática argumentamos cando temos que tomar decisións en común que afectan a temas do noso interese.

Tratamos de persuadir constantemente para conseguir os nosos fins e o facemos a cotío tanto para aspectos persoais como para tema de carácter máis colectivo. Dende o inicio das deliberacións públicas a argumentación é un tema relevante. Temos unha herdanza importante ao seu respecto que se pode levar ata aos inicios da democracia ateniense no século V aC. Dese enorme fondo o laboratorio do concello de Outeiro do byte elaborou o que chaman un dinamómetro argumentativo.

Xa que o voso traballo é actualizar ese dinamómetro. Imos coñecer os seus compoñentes.

Que vas facer?

- Coñecerás os compoñentes do dinamómetro argumentativo.

- Realizarás un pequeno test para comprobar a súa comprensión.

- Aplicarás nunha serie de exemplos.

- Trataredes de amosa ao resto de grupos a vosa comprensión mediante a selección dun dos erros habituais.

Compoñentes do dinamómetro argumentativo.

Probablemente alguén do voso equipo lembre o termo dinamómetro. A súa etimoloxía é dunha palabra grega e é un instrumento para medir a forza.

A palabra forza emprégase tamén na argumentación para indicar como unha idea contribúe a defender (ou non) unha opinión ou tese. O termo tese é específico do léxico argumentativo e fai referencia á idea que vai soster unha persoa que está argumentando.

O dinamómetro fai referencia a estas ideas: sesgos, falacias, argumentos e ámbito.

Dentro da dinámica argumentativa tradicional o obxectivo principal é que a idea que se defende (ou tese) se sosteña axeitadamente a través de argumentos que se baseen en probas (ou evidencias). No dinamómetro argumentativo a capacidade de proba da tese é análoga á súa forza: canta máis forza acadan os argumentos e as probas, mellor defendida está a tese e máis sólida é. Pola contra, se o razoamento argumentativo non está ben resolto ou a información que se achega para dar consistencia aos argumentos non é verídica, a idea defendida é débil argumentativamente.

O termo sesgo fai referencia á obtención da información é a nosa forma de procesala. Trátase dun concepto relativamente actual moi traballado dende a psicoloxía posto que mostra a nosa tendencia a seleccionar información e datos dun xeito non obxectivo, realista ou neutral provocando que a información que manexamos esté sesgada, é dicir, resulte inexacta ou imprecisa.  O termo falacia é un termo tradicional en retórica e argumentación e indica un razoamento falso pero que trata de aparentar rigor. Se os sesgos responden á unha mecánica cognitiva para tratar coa información real, as falacias expoñen unha falta de lóxica ao argumentar. Coa idea de ámbito, facemos referencia a dous aspectos importantes cando defendemos unha idea: as posibles excepcións e as condicións limitadas en que si se cumpre.

Desenvolvemos estes termos brevemente,

Sesgo

O pensamento humano evolucionou para actuar en contextos de pouca información e tomar decisións áxiles dirixidas que asegurasen a propia supervivencia, a obtención de alimento ou manter a cohesión do grupo; isto significa que os nosos procesos cognitivos adoitan coller atallos, propoñer conclusións e evitar procedementos que esixan moita atención, tempo e rigor. Posto que é unha tendencia sistemática da nosa conduta, a psicoloxía a través de diversos experimentos estableceu unha serie de pautas que provocan que a información que xestionamos e as decisións que tomamos non sexan tan racionais e consistentes como nos gusta imaxinar. Os sesgos, por tanto, reducen a información sobre a que se toman as decisións, xa que desde mecanismos intuitivos seleccionan e simplifican erroneamente datos, aspectos, características dunha situación para manexala máis facilmente. Entre os máis comúns:

  • Ancoraxe: tendencia a confiar en exceso na primeira información obtida; este sesgo implica a existencia dunha forte inercia e impide a valoración de información alternativa ou contraria ás asuncións creado en situacións de pouca información.
  • Sesgo de confirmación: tendencia a prestar máis atención e sobrevalorar os datos que confirman os propios prexuízos e ideas.
  • Ilusión de control: tendencia a sobreestimar a capacidade de controlar os acontecementos ou polo menos de influír neles.
  • Sesgo de dispoñibilidade: avaliar a posibilidade de que apareza un fenómeno debido á nosa capacidade para lembrar fenómenos similares ou polo tempo que nos aconteceu, non polas súas características ou criterios probabilísticos.
  • Efecto halo: estende as propiedades dun só aspecto ou dun elemento específico a un conxunto de características a unha imaxe xeral.
  • Erro de atribución fundamental: tendencia a sobrevalorar as nosas capacidades persoais para avaliar os éxitos e atribuír o fracaso a circunstancias externas.

Falacia

As falacias implican demostracións sen fundamento ou que non respectan as normas dedutivas racionais pero que se utilizan habitualmente para establecer conclusións ou defender ideas. Entre os habituais:

  • Ad hoc: dedución non xeneralizable e que só se aplica a un caso concreto.
  • Post hoc ergo propter hoc / Cum hoc ergo propter hoc: basear a causalidade na coincidencia espacial ou na secuencia temporal sen demostrar correlación.
  • Non sequitur: Deducir unha conclusión a partir de premisas que non están relacionadas.
  • Tu quoque: defender unha conclusión apelando á práctica doutras persoas
  • Petitio principii: Establecer unha conclusión que se introduciu sen proba en premisas anteriores.
  • Ad hominem: defender a validez dunha idea ou conclusión de quen a defende ou a ataca.

Probas

As probas implican desenvolver o argumento. As probas poden soster argumentos baseados tanto nas consecuencias, como nos signos do que implican como de relación entre causa e efecto. Estas probas poden ser de distinto xeito: desenvolven unha experiencia persoal concreta, están baseadas en informes ou autoridades expertas, é saber coñecido e común, etc.

O concepto de proba é importante porque axuda a desenvolver a argumentación.

As probas son máis sólidas cando a súa obtención e o razoamento ao que serve de base pode ser fundamentado.

Ámbito

Coa idea de ámbito faise referencia a dous aspectos importantes da defensa dunha idea: o feito que pode ter excepcións ou reservas e o feito que a súa aplicación pode estar limitada a certas condicións específicas. O uso do termo ámbito sinala que calquera referencia argumental necesita unha situación de validez concreta que pode ser de alcance moi xeral (como as demostracións científicas) pero que pode ter unha aplicación máis concreta (como unha medida específica para un concello). O ámbito da defensa dunha idea é importante para situar a argumentación que se está a realizar e calibrar a súa fortaleza xa que delimita o contexto, o tempo, os casos e o espazo físico ou cultural onde a súa aplicación é válida. Dentro da explicación da idea de ámbito, cómpre facer un par de distincións: as reservas e os cualificadores.

Co termo reserva ou excepción indícase que un argumento concreto non debe ser xeneralizado abusivamente. Dende o punto de vista retórico, tamén avanza os posibles ataques que unha posición pode xerar.

Co temo de cualificadores indícase que a validez dunha defensa pode estar en función dun rango de posibilidades (moi probable, pouco probable) ou de horizontes temporais (a curto prazo, a longo prazo) entre outros.

Finalmente o noso dinamómetro tería o seguinte aspecto

Imaxe dun dinamómetro argumentativo

Aplicar o dinamómetro

Duración:
30 minutos
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Nesta tarefa aplicarás o dinamómetro para comprobar cal é a forza argumentativa dun texto a partir das pautas. Podes empregar o dinamómetro nos seguintes textos:

Discutide a forza da argumentación nestes tres textos tamén sobre vacinación

O voso equipo pode consultar o exemplo resolto.