Observatorio
O observatorio
Sabedes que falamos a cotío do que nos sucede ao redor e enviamos, compartimos e escribimos mensaxes sobre iso. Falar sobre o noso concello, os seus servizos, as súas actividades e proxectos non é unha excepción. O observatorio da vida dixital do concello de Outeiro do Byte atopa diariamente centos de mensaxes que falan sobre o concello. Moitos deles son mensaxes reais pero outros custa saber se están dicindo a verdade e os seus contidos poden facer mal.
O observatorio está preocupado por identificar que información real e contrastable está presente nesas mensaxes para poder atender as necesidades da súa cidadanía, as súas opinións e o clima informativo xeral da veciñanza.
Aceptas o reto de axudar ao observatorio a identificar correctamente as mensaxes verdadeiras sobre o concello?
Obxectivos
Neste departamento imos analizar a importancia da información que se comparte a través das redes.
As tarefas que ides realizar son de diferente tipo:
- Resolver tests que comproban a adquisición dos contidos explicados en cada sección.
- Tarefas específicas relacionadas coa necesidade de participar no circuíto de produción e difusión de información, as estratexias para verificación a información que manexamos e a clasificación da súa intención comunicativa.
Vanse valorar os seguintes aspectos:
- Identificar e clasificar a intención comunicativa dunha mensaxe.
- Coñecer as características do fenómeno da desinformación e identificalas en mensaxes concretas.
- Entender os procesos de verificación da información, a súa relevancia para o ecosistema informativo e as estratexias que emprega.
- Analizar o fenómeno da infodemia en relación co benestar dunha sociedade democrática.
- Traballar en grupo para repartir actividades, axudar a resolver as tarefas e avalialas con obxectividade.
Percorrido no departamento
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0