Saltar navegación

Laboratorio

Coñece o laboratorio

Cartel do Laboratorio da cidadanía

A esfera pública na era dixital

Coa idea de esfera pública describimos a necesidade dunha conversación aberta na que se discuten os temas de interese público e valórase o seu desenvolvemento. A vitalidade desa esfera público da idea da vitalidade dunha sociedade democrática e da importancia da participación de toda a cidadanía nos aspectos que son da súa responsabilidade.

O ambiente de debate coa aparición da prensa escrita como das tertulias nas cafetarías e nos salóns foron relevantes na aparición das democracias a partir do século XVIII. Os medios de comunicación de masas durante todo o século XX deron tamén forma a esa esfera.  Na actualidade as redes sociais e as conversacións a través de plataformas virtuais son elementos decisivos para esa esfera pública.

Nesta sección atenderase a un aspecto desa conversación: a credibilidade e forza argumentativa das mensaxes que se intercambian.

Que vai facer o equipo?

O voso equipo vai experimentar coas formas de comunicación dixital de tipo argumentativo e como conseguir distinguir aquelas que teñen máis solidez daquelas que non son cribles. Especialmente:

- Identificar os compoñentes dun texto argumentativo.

- Formular enunciados condicionais e as súas dimensións lóxicas e retóricas.

- Adaptar as mensaxes argumentativas a contextos virtuais de discusión.

Dinamómetro argumentativo

Duración:
5 sesións
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Imos construír un dinamómetro da argumentación que indique a forza argumentativa de cada mensaxe.

Trátase de construír un instrumento que permita ao Concello de Outeiro do Byte determinar se unha mensaxe está a expresar só unha opinión ou se esa mensaxe está defendendo con solidez unha opinión que merece ser profundizada.

Imos distinguir entre os espazos de opinión e os espazos de intercambio de ideas a través da forza das mensaxes.

O deseño e optimización deste dinamómetro vai ter tres fases:

  1. Deseño inicial
  2. Fase de probas en contextos reais
  3. Programación mediante oracións condicionais do dinamómetro

Este deseño desenvolverase en tres seccións nas que o voso equipo irá descubrindo en que consiste medir a argumentación mediante esa ferramenta que chamamos dinamómetro argumentativo, empregará unha técnica análoga a programar esa ferramenta e por último discutirá como mellorala e aplicala ao contexto de redes sociais.

Percorrido

Percorrido polo laboratorio