Dinamómetros de segunda xeración
Nesta sección imos reflexionar e discutir se o noso instrumento é valido.
O traballo principal será avaliar se o noso dinamómetro tal como o temos configurado pode identificar mensaxes de pouca forza argumentativa e suxerir estratexias para desactivalos axeitadamente.
Identificar para poder despois discutir. Respostas contraproducentes e o denominado efecto backfire.
Un dos efectos conseguidos cando argumentamos en contra é unha resposta defensiva que provoca que o intercambio de posicións, ideas e información non sexa leal e cooperativo senón pechado, sometido á finalidade de manter unha opinión.
Cómpre considerar que non todos os diálogos que mantemos son de tipo argumentantivo. É importante asegurar as normas de discusión argumentativa e que estean pactadas.
Coidar o clima de discusión. Nas discusións a implicación persoal e emocional pode chegar a ser moi intensa. O clima debe ser de compromiso coa resolución dunha diferencia de opinión. Polo tanto é importante que o intercambio sexa en referencia ás vosas opinións non á vosa relación.
Coidar a identidade do opoñente. As nosas crenzas forman unha parte importante da nosa identidade. Polo tanto, é importante que a reflexión sobre se unha opinión concreta é relevante pode implicar cambios. Trátase de axudar a expresar que identidade importante está en xogo e a reformulala para que asumir un resultado contrario sexa racional e non afecte á consideración dos que están a falar.