Saltar navegación

Difusión

Coñece o Departamento de Difusión

Departemento de Difusión

Un kit de Primeiros Auxilios Comunicativos

O equipo de difusión está a elaborar un kit de primeiros auxilios comunicativos. Despois de coñecer diversos departamentos, xa sabedes que a boa saúde comunicativa da veciñanza é un tema de moito interese para o Concello de Outeiro do Byte. Nestes momentos o departamento de difusión está pechando que vai formar parte dese kit e como axudar a manter un bo clima comunicativo entre toda a cidadanía. Podedes entender entón a súa importancia.Ilustración primeiros auxilios

O kit ten diversos compoñentes pero vós tedes a sorte de escoller en que aspectos concretos ides traballar. O voso equipo ten experiencia a través do voso traballo noutros departamentos de que significa a desinformación e a interpretación crítica. O primeiro lugar onde vai ir destinado as primeiras versións deste kit é o e-IES de Outeiro do Byte, o seu instituto virtual. Vós coñecedes moi ben e de cerca a realidade dun instituto. Sodes, por tanto, as persoas ideais para axudar neste departamento a elaborar o apartado de primeiros auxilios para o e-IES de Outeiro do Byte

Unha das ferramentas que vai conter ese kit son as infografías e contribuiredes nese kit a través da elaboración dunha delas.

Obxectivos

Ao final do percorrido por este departamento o voso equipo debe ser quen de: Ilustración obxectivos

- Entender os elementos básicos dunha infografía, as súas características lingüísticas, os tipos, as partes e o uso que fai da comunicación gráfica e empregar ese coñecemento para elaborar unha infografía propia a partir do propósito, obxectivos e ferramentas acordadas.

- Coñecer os principais problemas comunicativos do medio dixital, identificalos en experiencias cotiás e seleccionar aqueles máis relevantes para desenvolver un proxecto adaptado a un público concreto.

- Consultar os medios de información dixitais para seleccionar contidos relevantes e incorporalos ás súas producións orientando a investigación sobre un tema a través de estratexias avanzadas de búsqueda e filtrado de información

- Expoñer un proxecto a través dunha presentación en diapositivas estruturando a información a través de guións sinxelos e dinámicas áxiles.

- Participar na toma de decisións colectivas activamente respectando os roles preestablecidos, as regras de interacción, intervención e cortesía,

Visión xeneral das tarefas

Duración:
9 sesións
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Cal é a vosa misión?

A vosa tarefa final é elaborar unha infografía para o instituto electrónico de Outeiro de Byte. Esta infografía vai estar na páxina web de inicio e vai poder ser consultada por todo o alumnado que asiste el. Para convencer ao departamento de difusión de que esa infografía forme parte do kit de primeiros auxilios dixitais ides ter que facer unha presentación mediante diapositivas na que expoñades o propósito da vosa infografía e a súa utilidade.

Como o ides a realizar?

En primeiro lugar ides ter que informarvos de como se elaboran as infografías, en que consisten e como están pensadas. Despois mediante un traballo en equipo pautado ides elaborar a vosa infografía e, por último, traballaredes na presentación desa infografía. Non esquezades ao final recapitular o aprendido, valorar a actividade e conseguir a vosa acreditación dixital.

Por tanto:

  • Actividades para amosar a vosa comprensión das características dunha infografía. (1 sesión)
  • A elaboración dunha infografía sobre un tema de interese para o alumnado que asiste a un instituto virtual. (5 sesións)
  • Unha presentación do voso proxecto defendendo a utilidade da vosa infografía (3 sesións)

Percorrido polo departamento

Mapa do percorrido