Eloxio e refutación dos prexuízos
Cada vez que damos unha opinión o facemos dende certos prexuízos. Imos investigar nesta ocasión como funcionan os prexuízos respecto a un tema dentro da nosa contorna e como é a información real.
Cada vez que damos unha opinión o facemos dende certos prexuízos. Imos investigar nesta ocasión como funcionan os prexuízos respecto a un tema dentro da nosa contorna e como é a información real.
Os obxectivos para esta tarefa son:
- Observar a presencia de prexuízos no modo de acceder á información da cidadanía.
- Relacionar a presencia de prexuízos cos sesgos da información e coa comprensión da información na rede.
- Procesar información estatística e interpretar significatividade dos datos obtidos.
O voso grupo de traballo elaborará unha enquisa sobre un tópico coñecido na vosa contorna, un tópico do que o común da xente poida ter unha opinión. O voso pequeno traballo de investigación analizará os nosos xuízos, prexuízos e información asumida sobre a contorna e os datos reais cos que contamos e que axudan a definir rigorosamente ese tema. En definitiva, a nosa enquisa vai investigar sobre opinións e realidades; animádesvos?
Para elaborar unha pequena enquisa primeiro tedes que escoller un tema que vos pareza interesante, que poida ter opinións máis o menos coñecidas e a realidade das cales poida ser comprobada a través de datos oficiais contrastables. Como exemplo:
Podedes empregar calquera outra pregunta que consideredes axeitada e sobre a que pode estar actuando unha falta de información por emprego dalgún dos sesgos que xa coñecemos ou por tópicos habituais.
Paso 1. Deliberade sobre un tema e acadade un acordo. (podedes empregar a dinámica da infografía para poder explorar temas e chegar a acordos)
Paso 2. Deseñar a enquisa (podedes empregar o material auxiliar sobre deseño e interpretación de datos)
Paso 3. Búsqueda de información a través das entrevistas á vosa mostra.
Paso 4. Comprobación ou non e formulación dunha estratexia para comunicar o problema do prexuízo.
A realización de enquisas é unha técnica común e sobre a cal podedes atopar moita información se tedes dúbidas sobre a súa realización.
Documentos de consulta para deseñar, analizar e valorar a enquisa
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0