Para avaliar, analizaredes os seguintes ítems sobre o voso traballo;
Para avaliar a fase de preparación, empregaremos en primeiro lugar unha escala a partir da coincidencia cos seguintes enunciados; se puntúas cun 4 significa que ese enunciado describe acertadamente o xeito de resolver a tarefa individualmente ou no voso equipo; pola contra, un 1 significa que ese enunciado non se corresponde co voso proceder.
Sinalade a coincidencia cos seguintes enunciados nunha escala do 4 (coincide) ao 1 (non coincide)
Na fase de preparación
Cada integrante do equipo reflexionou sobre o seu rol imaxinando que emocións podía desenvolver, que actitudes eran as que podía desenvolver ese rol e imaxinou as súas crenzas e pensamentos posibles.
Cada integrante do equipo planificou as intervencións que ía ter no debate de acordo ao rol establecido.
Cada integrante do equipo imaxinou posibles probas e argumentos que o seu rol podía achegar ao debate.
Posterioresmente abriremos un turno para compartir as sensacións e ideas sobre:
- O desenvolvemento do rol
- A capacidade de achegar argumentos e probas.
- A capacidade de escoitar
- A capacidade de suxerir solucións