Saltar navegación

Guía a análise

Guiar

Icona guiar a análiseEsta última etapa do voso percorrido polo observatorio consiste en achegar unha proposta para clasificar as distintas mensaxes que chegan ao departamento. Ao longo deste percorrido o voso equipo aprendeu a importancia da información para unha correcta participación na vida do concello e na democracia en xeral, os impedimentos que a esa participación introduce a desinformación, o problema aínda máis grave da infodemia e o estudo de estratexias tramposas para captar a atención. Nesta etapa o voso grupo tratará de sintetizar esas aprendizaxes aplicando a unha técnica sinxela de procesamento da información: a súa etiquetaxe.

Obxectivos

- consolidar os coñecementos expostos sobre a desinformación.
- crear mensaxes breves que correspondan a fins concretos a partir do coñecemento dun contexto particular.
- empregar a linguaxe como ferramenta de organización da información e de orientación da acción persoal e colectiva.
- xestionar procesos de decisión grupal.

Tarefa

Duración:
1 sesión
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

O uso de etiquetas, as veces encabezadas por signos como o #, é unha práctica habitual nas mensaxes de redes sociais. Identifican e orientan o sentido real desa mensaxe e permite que entren en relación con outros mensaxes favorecendo a súa difusión e comprensión. A partir desa práctica, o voso grupo propoñerá catro etiquetas axeitadas para empregar no concello de Outeiro do Byte para que no caso de ter que identificar e redifundir unha mensaxe poidan cualificala axeitadamente.

Para as vosas etiquetas sexan útiles, pensaredes a partir da vosa experiencia de uso nas redes e/ou de como coñecedes que as vosas amistades e coñecidos/as empregan as etiquetas para que sexan eficaces. Os propósitos desta actividade, por tanto, son:

- Propoñer etiquetas axeitadas ao obxectivos de clasificación segundo unhas condicións de presentación lingüística e a partir dunha reflexión en grupo.
- Compartir as etiquetas xeradas, discutir a súa utilidade en funcións dunha deliberación común e seleccionar aquelas máis eficaces para os obxectivos acordados.


Acción + substantivo

Moitas veces as etiquetas son substantivos. O voso equipo vai elaborar etiquetas específicas para o concello e ides propoñer a súa utilización.

Destrúe consensos
Fabrica sospeitas
Marxina minorías.

Que actividade considerades que pode ser máis prexudicial para o concello?

Etiqueta escollida

Para que sirva


Gustaríanos que en primeiro lugar recuperásedes algunha das ideas

Por exemplo: Información que fixeches nas primeiras actividades e as ideas que apareceron nos vosas mensaxes. Por exemplo unha idea pode ser: información contrastada

As idas debes expresalas a partir dun substantivo e un adxectivo ou complemento do nome, por exemplo, "Establecemento de consensos".

Unha vez teñades as ideas recollidas, tratade de expresar a súa oposición, por exemplo: fabrica sospeitas ou destrúe consensos. E a partir de aquí establece unha serie de etiquetas que podes empregar

Despois, ideas valorar dun ao dez o prexuízo e o dano a convivencia que poden enfocar.

De máis a menos gravidade. A idea finalmente é establecer unha escala de 10 puntos de menos grave a máis grave entre todos os grupos participantes.

Pensade que o Concello é de tamaño medio e decidide sobre que aspectos pode ser máis interesante etiquetar.

Podedes empregar como inspiración tamén algunhas páxinas de organismos que se dedican á verificación. Entre eles: