Saltar navegación

Elaborar a infografía

Cal pode ser a vosa achega?

O kit vai constar de diversos elementos que busquen a mellora da comunicación dixital (recomendacións), que interveñan nunha situación de incomunicación ou de conflito comunicativo (actuacións) ou que traten de corrixir unha situación xa creada de forma que a confianza comunicativa quede restaurada e a capacidade de participar dun cidadán ou cidadá sexa efectiva (reparacións).

Son moitos os elementos aos que podedes prestar atención. No observatorio xa analizastes diversos aspectos da desinformación e podedes tomar como punto de partida o observado ou outros semellantes. Por exemplo:

- Sobrecarga informativa
- Grupos estancos
- Dinámicas de odio
- Comunicación agresiva
- Ciberbullyng

Non é unha lista pechada como ben sabedes no voso equipo. Podedes, por tanto, engadir outros temas ou insistir en temas concretos.

Podedes empregar a seguinte ferramenta para a decisión.

Deseñar unha infografía

Duración:
5 sesións
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Unha vez coñeces cales son os elementos dunha infografía é o momento de que o voso equipo entre en acción. Preparádevos para elaborar a vosa infografía.

Decide o tema e empeza a investigar (1 sesión)

Filtra o investigado e empeza a redactar (1 sesión)

Revisión final da infografía (1 sesión)

Presentación da infografía (3 sesións)

Fases dunha infografía

O deseño dunha infografía é unha tarefa longa. Imos dividir ese proceso en diversas fases.

En primeiro lugar, debes fixar as metas da infografía, é dicir, aclarar cales son as vosas ideas respecto a que pode ser máis atractivo e que os pode atraer a vós mais e, entón, fixar os obxectivos. Nese momento, por tanto, tedes que reflexionar sobre un tema que sexa de interese para o público ao que está dirixida a infografía (o alumnado dun instituto) e marcar os obxectivos e o voso propósito.
En segundo lugar, tedes que investigar para obter os contidos necesarios. A partir do que xa sabedes, ampliade a información e conseguide os datos axustados sobre o tema da infografía. Non esquezades tomar nota das fontes, recursos e enderezos que estades a consultar.
En terceiro lugar, ides decidir as ferramentas que empregaredes. Na actualidade, está a vosa disposición un bo número de aplicacións e programas para elaborar a infografía e é doado acadar recursos gráficos. Pensade tamén nas fontes de letra, as cores, as imaxes, as iconas ...
Ata aquí estivemos preparando as ideas, datos e ferramentas para a infografía e agora é o momento da elaboración práctica. A partir dos vosos obxectivos e coa información e ferramentas claras, deseñade de xeito eficaz, equilibrado e atractivo a vosa infografía. É importante que fagades versións do voso traballo ata que sintades que o deseño é o axeitado.
De feito a última fase da elaboración é precisamente a corrección e mellora. A partir da lista de comprobación, da información que tedes sobre que é unha infografía e a rúbrica de corrección, comprobade que a infografía é eficaz e responde aos propósitos iniciais. Se o equipo non está satisfeito o ten dúbidas, modificade os elementos que poidan mellorarse. Avaliade entre todos a súa claridade, utilidade e composición.

Infografía do proceso