Saltar navegación

Presentar a infografía

Presentación

A vosa infografía debe ser presentada para que os distintos grupos poidan coñecer todo o voso traballo. É unha oportunidade para mostrar a vosa dedicación e interese.

Presentación da infografía

Duración:
2 sesións
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

É hora de presentar todo o voso traballo e ideas facelo a través da chamada técnica Pecha kucha.

O guión orientativo básico da vosa presentación vai ser:

- Introdución: presentación do voso equipo e da vosa tarefa.
- Tratamos de dar resposta a; elemento en que queredes incidir.
- Dímonos conta da súa utilidade cando
- Exemplo concreto da utilidade
- Os obxectivos de todo o proxecto son (dous principais)
- Os obxectivos que tamén temos en conta no proxecto son (dous adicionais)

Nesta tarefa final de presentación do voso proxecto ao Concello deseñaredes unha presentación breve no formato chamado Pecha Kucha que consiste en 20 diapositivas que duran exactamente 20 segundos.Presentación diapositivas

Cada equipo ten que tomar varias decisións

  • Que información imos dar na presentación.
  • Como se van repartir os papeis na presentación.
  • Que soporte dixital vaise empregar na presentación.

En que consiste a técnica Pecha Kucha?


A técnica PechaKucha foi ideada por unha parella de arquitectos, Astrid Klein e Mark Dythan e consiste nun modelo de presentación rápida de vinte diapositivas cada unha das cales ten unha duración de vinte segundos; a presentación dura un total de 6:40 minutos. Esta idea simple conseguiu moita difusión e é empregada en moitos tipos de eventos e situacións.
O nome está relacionado cunha palabra xaponesa que significa charla.
O obxectivo principal deste modo de facer presentacións é a eficacia e a claridade.

É recomendable que a presentación poida configurarse para que o pase das diapositivas sexa automático.
As imaxes empregadas teñen que ser sinxelas, directas e de gran tamaño para que os que están a escoitar a presentación poidan entender o seu significado rapidamente.
O texto está limitado ao imprescindible: unha frase curta, unha cita, unha idea. Evítanse os parágrafos explicativos extensos ou as enumeracións xa que ese discurso é memorizado e exposto oralmente.

No sitio oficial (https://www.pechakucha.com) podes atopar exemplos

Que papeis se poden repartir na presentación? Como vai ser a orde de aparición?


A preparación inclúe moitas funcións que han de ser repartidas; as pequenas tarefas deben ser recollidas e recoñecidas.

1. Documentación: débense recoller todas as ideas, buscar as imaxes axeitadas e exemplos de exposicións nas que inspirarse.

2. Elaboración: escoller o formato, as ferramentas, o tipo de letra e tamén, naturalmente, as ideas de cada unha das diapositivas, a información relevante e a organización interna para que a exposición flúa dun xeito natural.

2. Revisión: controlar os erros, buscar melloras e facer suxestións.

3. Presentación: repartir os momentos e decidir se todo o equipo vai participar ou só unha parella de presentadores; buscar a mellor coordinación posible.

En que circunstancias imos ter que presentar?


Para elaborar unha presentación hai que imaxinar o tipo de audiencia ao que vai dirixida e prever como se vai desenvolver. Naturalmente, preparar alternativas por se fallan os medios electrónicos é unha moi boa idea.

Pasar a enquisa da presentación

Non esquezades entregar unha enquisa ao empezar a vosa presentación. Esta enquisa é importante para poder facer despois a valoración da vosa tarefa.