Saltar navegación

Elaborar propostas

Tarefa

Duración:
3 sesións
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Este é a tarefa de desenvolvemento da vosa infografía. Lembrade ter presentes os vosos obxectivos, a información que tedes recollida e as ferramentas decididas.

Segundo o explicado, deseñade de xeito eficaz, equilibrado e atractivo a vosa infografía. É importante que fagades versións do voso traballo ata que sintades que o deseño é o axeitado. 

Acordade como ides desenvolver no voso grupo o traballo. O plan que aquí propoñemos é o seguinte:

Fase inicial de elaboración: Decidide o plan xeral de seccións, elementos e compoñentes da infografía. Repartide esas seccións de xeito que sexa posible facer rotacións progresivas nas que participe todo o grupo. Por exemplo: se hai un lema, un corpo central con dúas seccións e créditos, podedes crear catro lugares de traballo. Tamén podedes dividir en: traballo gráfico, redacción escrita, corrección de estilo e gramatical, distribución xeral e composición visual.

Primeiro borrador. A partir do voso grupo e das seccións da infografía, rotades durante un tempo (10 minutos) progresivamente a redacción de cada un dos apartados para que todo o equipo colabore nas distintas seccións da infografía. Logo dunha rotación tedes un borrador do que falar durante o resto da sesión para repartir o traballo para a sesión seguinte.

Segundo borrador. A partir da dinámica previa. Rotades durante un tempo (10 minutos) progresivamente a redacción de cada un dos apartados para que todo o equipo colabore. Se no voso equipo hai persoas con máis habilidades ou interese en apartados concretos, a última parte desa rotación pode escollerse segundo preferencias individuais.