Saltar navegación

Obter información

O contrato de investigador.

O voso equipo vai firmar un contrato coma investigadores. A intención deste contrato é subliñar a importancia de facer boas búsquedas na rede e realizalas a través duns criterios rigorosos.

Buscar na rede

Como xa sabedes, buscar na rede é un proceso complexo sobre todo se queremos atopar bos resultados. Moitos tedes experiencia buscando información e non deixando que a rede vos atrape coa cantidade de datos e resultados que pode ofrecer. Na búsqueda de información para a vosa infografía imos empregar con máis atención catro estratexias e imos pautar a búsqueda para que a experiencia do equipo e os resultados que ides atopando poidan ser máis apropiados, orientados aos vosos propósitos e ao final cunha información máis rigorosa e útil para a elaboración da vosa infografía.

Buscar na rede

A investigación ímola facer en tres fases. As dúas primeiras serán breves e a terceira máis longa. O propósito das fases é facer máis efectiva a búsqueda e máis claros os datos que ides recoller. Tamén facilitar pequenas reunións do equipo para solucionar dúbidas entre todos e comprobar que estades mantendo os propósitos e obtendo resultados interesantes. É importante manter que antes de pasar de fase o equipo debe reunirse e rapidamente indicar como vai o seu traballo.
Na Fase 1 o equipo suxire unha primeira búsqueda a partir dalgunhas palabras clave. Todo o equipo anota os resultados nun documento. A búsqueda ten que ser inicial e breve xa que é unha primeira toma de contacto.
Antes de cambiar de fase hai unha reunión de equipo centrada naquelas palabras clave que tiveron éxito e unha análise inicial dos primeiros resultados.
Na segunda fase empregamos a estratexia de búsqueda con termos máis precisos e comprobamos os resultados. De novo facemos unha reunión do equipo onde poden xa aparecer aqueles datos que poden ser interesantes ou aqueles aspectos onde é necesario afondar. Tamén se comproba a fiabilidade das fontes empregadas e desbótanse os resultados que non son rigorosos.
Na terceira fase empregamos buscadores dedicados e o equipo procura contrastar a información. Esta é a fase que leva máis tempo xa que a tarefa de comprobación é moi importante.
Por último, facemos unha posta en común definitiva antes de pasar ao seguinte momento de elaboración da infografía.

Fases da búsqueda