A tarefa: Unha solicitude.
Ides facer a vosa solicitude para ser cidadáns dixitais. A solicitude tena que encher todo o equipo e en ela deben constar tres cousas:
- O nome do voso equipo
- Os roles que ides manter ao longo da actividade
- Unha explicación de por que considerades que é importante ter unha cidadanía dixital.
¿Como se vai a desenvolver?
Actividade 1: o nome do grupo. Moitas veces na rede e en moitas aplicacións dixitais contamos cun nome de usuario que non responde necesariamente ao noso nome real. No concello de Outeiro de Byte esa práctica tamén dase nos equipos e nos grupos. Por tanto, o primeiro que ides facer é reunir o grupo para propoñer un nome que o identifique. É importante que neste momento tratedes de chegar a un acordo. O voso nome debe estar relacionado cun animal, ou unha planta ou algún tipo de elemento que imaxinades se pode atopar no Concello de Outeiro do Byte. As únicas condicións son que o voso nome sexa unha única palabra e non conteña nin expresións degradantes nin alusións excluíntes. Lembrade que estades a solicitar o voso ingreso nunha comunidade virtual respectuosa.
Actividade 2: Os roles. O voso equipo debe tamén repartir que funcións ides cumprir. As funcións son 4: observar, representar, coordinar e custodiar. Se no equipo sodes máis de catro, as funcións de representación poden ser alternadas por dous membros. Se sodes tres membros, a función de representación pode ser repartida tamén de xeito alterno entre vós. Esas funcións as tedes recollidas nunha folla de reparto e son as seguintes:
Observar. Funcións:
- Toma nota do que sucede no grupo.
- Presta atención a como entenden as tarefas.
- Axuda á desenvolver as tarefas pero non pode decidir nin dicir nada por si mesmo.
- Coordina o momento da avaliación.
Representar. Funcións:
É o representante do equipo ante os representantes do Concello, o profesorado, diante doutros grupos ou nas intervencións para compartir ideas ou materiais con outros grupos.
Coordinar. Funcións:
- Pon de acordo ao resto do equipo, moderando os debates, a organización e controlando que se seguen os pasos acordados.
- Controla que non se perda o tempo.
Custodiar. Funcións:
- Custodia e coida o material do equipo. Asegúrase de que todo todos os participantes teñen o material necesario para iniciar a actividade.
- Procura que ao final todo queda recollido e no seu sitio.
- Garda os documentos e textos comúns do equipo.
Actividade 3. Os motivos. Tedes que facer unha primeira exposición dos motivos que considerades de interese para obter a cidadanía electrónica e iniciar un percorrido de actividades para conseguila. Esta exposición ídela a consultar ao final da unidade e probablemente teredes que modificala co que agora ten simplemente un carácter orientativo.
Unha vez rematadas estas tres actividades, cubride a folla de solicitude, indicade os nomes na folla de reparto de funcións e custodiade o pasaporte de actividades.