- Duración:
- 1 sesión
- Agrupamento:
- Grupo de traballo (3-5)
Nesta fase ides pensar o tema da vosa infografía. En primeiro lugar podedes preguntarvos:
- Temos algún coñecemento previo sobre o tema?
- Pode ser fácil atopar información sobre ese tema?
- Temos claros os límites? O tema é moi amplo ou parece moi limitado?
- Sentímonos cómodos/as co tema?
- Que aspectos poden despertar a curiosidade?
Para axudarvos a reflexionar imos desenvolver unha serie de pasos:
Paso 1. Escribir individualmente algunha idea sobre:
1. Un caso que os veña na menta no que o conflito teña
2. Un aspecto dos que ultimamente formou parte dalgunha conversación na que estabades presentes.
3. Unha situación vosa que sexa interesante.
Nos casos de exemplos concretos tedes que etiquetalos dalgún xeito para que poidan dar lugar a un tema sobre o que falar. Revisade se a forma de expresar esas ideas iniciais conducen a algunha idea común.
Paso 2. Compartide e facede unha lista. Destinade uns minutos en forma de rolda de conversación para que cada unha das ideas conte cun suficiente contexto para explicar que punto está a tratar.
Paso 3. Escollede catro items da lista común. Tedes que repartir as seguintes puntuacións: 3, 2, 1, 1. Aqueles temas que están repetidos teñen de partida unha puntuación extra de 4. Finalmente é cuestión de revisar as puntuacións acadadas e ver se estades de acordo co resultado obtido.