Saltar navegación

Valorádevos

Valorade o voso traballo

Agora é o momento de recapitular

Que levades do laboratorio?

Duración:
20 minutos
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Nesta tarefa imos anotar ideas, impresións, resultados que considerades importante recordar do voso paso polo laboratorio. A intención é anotalas a modo de chuvia de ideas de modo que queden recollidas coma anotacións informais nun xornal de investigación que abranga todas as sesións do voso traballo.

Avaliación

Duración:
30 minutos
Agrupamento:
Grupo de traballo (3-5)

Este é o voso segundo departamento e xa tedes todas as tarefas desenvoltas. Agora é o momento de avaliar se o desenvolvemento das actividades e os logros acadados cumpren as vosas expectativas e os obxectivos planificados. Lembrade que tedes que recuperar a folla de avaliación do Observatorio e contar cos documentos de avaliación

Como no Observatorio, empregarase unha dinámica de avaliación:

1. Contestade de xeito individual as preguntas (8 minutos)

2. Recollede os resultados na páxina de avaliación en grupo.

3. Facede unha posta en común e contestade en grupo chegando a un acordo cada un dos puntos. (10 minutos)

4. Propoñede ideas e compromisos apropiados para mellorar no seguinte departamento a partir da vosa experiencia co anterior. Tratade de ser obxectivos e realistas. (8 minutos)

Actualizar folla de tarefas

Actualizade a folla de actividades e pasade ao seguinte servizo