6.1 Solucións das actividades propostas en lingua galega

S1.             

Resposta libre que pode comentar co seu profesor ou a profesora.

S2.             

  • Twitter é unha rede social baseada no envío de mensaxes de texto breves. A rede funciona a través do envío de mensaxes de texto de pouca extensión, cun máximo de 140 caracteres, chamados tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos tweets doutros usuarios e a eses suscriptores chámaselles seguidores ou tweeps.
  • A idea fundamental é as transformacións que se produciron na comunicación por medio de redes sociais como Twitter: velocidade, interactuación, accesibilidade a todo o mundo, posibilidade de contactar con xente do mundo das artes, da cultura, do espectáculo…
  • Resposta persoal. Parece prudente centrarse nestes aspectos: non facilitar unha serie de informacións que poidan comprometer a nosa seguridade: lugar e data de nacemento; enderezo e número de telefono; información acerca das nosas viaxes ou saídas; fotos persoais, dos fillos ou da casa; confesións persoais.

S3.             

  • Baleiro: adx. Que non ten contido, interese ou fundamento.
  • Metafísico: adx. Que é sutil ou difícil de comprender.
  • Saudade: s. f. Sentimento de tristeza provocado pola ausencia de algo ou alguén moi querido ou por estar lonxe da terra.
  • Envexa: v. t. envexar,Ter ou sentir envexa de algo ou de alguén.
  • Perifol: s.m. col Adorno de mal gusto.
  • Bertorella: Peixe mariño, da familia dos gádidos, de corpo pesado e alongado. É de cor cincenta ou azulada no lombo e prateada no ventre.
  • Asolágase: v. pron. asolagar: Quedar algo somerxido debaixo da auga.
  • Perplexidade:.Estado do que está perplexo; perplexo:que está dubidoso e non sabe que decisión tomar

S4.             

Resposta libre que pode comentar co seu profesor ou a súa profesora.

S5.             

Herba, horta, inchar, illa, hoxe, aí, arrolar, ata, alcohol, ovo, hospedaxe, deshonrar, irmá, ollar, prohibir, espir, harmonía, ombreiro, Henrique, orfo, ermida, Helena, inhumano, coherente, inchazón, embigo, vehículo, óso, ermo, encher, esquío.

S6.             

Avogado, voda, baleirar, batallar, bolboreta, varexar, vasoira, deber, dúbida, cravar, beixar, trobador, banal, verruga, orballo, bater, vexiga, vasco, balea, gabear, escaravellar, debullar.

S7.             

  • bate: presente de bater. / vate: poeta.
  • boto presente de botar. / voto: presente de votar; sufraxio; promesa.
  • balor: mofo. / valor: valentía.
  • bela: fermosa. / vela: vixilia; pano do barco.
  • bou: embarcación. / vou: presente de ir.
  • ben: oposto a mal. / ven: presente de ver; imperativo de vir.

S8.             

Esta semana atopeime cunha nova que me fixo pensar: "Facebook está sendo utilizado como proba en divorcios.". Non, non se trata dun caso illado, nos EEUU ao redor do 25% dos divorcios teñen como proba fundamental cousas colgadas nesta rede social

Isto quere dicir que as redes sociais son malas? Por suposto que non. As redes sociais non son nin boas nin malas, o que é bo ou malo é o uso que se lle a este tipo de ferramentas. O que non podemos é negar a existencia de algo tan estendido como as redes sociais. Facebook, sen ir máis lonxe, chega xa aos 649 millóns de usuarios.

Que nos di todo isto? Pois que a educación en materia de TIC se fai, agora mesmo, imprescindible. Moita xente non comprende que todos os que estamos inmersos en internet temos unha "identidade virtual" ademais da nosa identidade real, e que tan importante é unha como a outra. Se na nosa vida real non imos contando todas as nosas intimidades pola rúa, por que o facemos en internet?

Se isto sucede con xente "adulta" que inviste relativamente pouco tempo ao día neste tipo de redes e á que, ademais, se lle presupón unha certa madureza, que pasará cos nosos pequenos/as?. Eles/as pasan moitas horas ao día conectados e, ademais, moitas veces non son conscientes da repercusión que poden ter os seus comentarios, links, fotos ou vídeos.

S9.             

Período abranguido entre os séculos XV e XVIII, que se caracteriza pola case ausencia total de literatura escrita na nosa lingua. Nesta etapa, a lingua galega perde prestixio en favor do castelán e pouco a pouco xorden os prexuízos lingüísticos na poboación que descoñece o esplendor medieval da súa lingua. A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa máis escura co Século de Oro da literatura castelá.

S10.         

Resposta libre que pode comentar co seu profesor ou a súa profesora. En calquera caso, debe mencionar a influencia das circunstancias sociais e políticas no desenvolvemento do galego: minorías que falaban o castelán, esquecemento do galego como lingua de prestixio e escrita, etc.

S11.         

Sen resposta.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License