2.1 Que son as redes sociais?

Unha rede social é unha estrutura social onde hai individuos relacionados entre si. As relacións poden ser de distinto tipo: para intercambios financeiros, de amizade, sexuais, etc. Emprégase tamén como medio para a interacción entre individuos a través de chats, foros, xogos en liña ou blogs.

A orixe das redes sociais remóntase a 1995, cando Randy Conrads crea o sitio web classmates.com. Con esta rede pretendíase que a xente puidese recuperar ou manter o contacto con antigos compañeiros de estudos. En 2002 comezan a aparecer sitios web promovendo as redes de círculos de amigos en liña e fíxose moi popular en 2003 coa aparición de sitios como MySpace, Xing, Facebook o Tuenti.

 

Actividades propostas

Actividades Chema

S1. Cal é súa opinión sobre as redes sociais?  Forma vostede parte dalgunha delas?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License