2.4 VOLG: Vocabulario ortográfico da lingua galega

 

As Normas ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galegoson as prescricións ortográficas e morfolóxicas da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega, que teñen valor legal. O VOLG baséase na súa aplicación. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

 

O VOLG está pensado como base para a fixación do léxico estándar galego, e contribúe deste xeito á normalización e á normativización do galego, alén de servir para a codificación de textos, é dicir, para saber se unha palabra é galega e como se escribe correctamente.

 


VOLG

 

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License