2.2 Twitter está de aniversario!

Twitter é unha rede social de orixe norteamericana baseada no envío de mensaxes de texto breves. Desde que foi creado en marzo de 2006 por Jack Dorsey e lanzado en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundialmente e estímase que ten máis de 200 millóns de usuarios, e que xera 65 millóns de tweets (mensaxes) nun día.

A rede funciona a través do envío de mensaxes de texto de pouca extensión, cun máximo de 140 caracteres, chamados tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden subscribirse aos tweets doutros usuarios – a isto chámaselle seguir e a eses subscritores chámaselles seguidores ou tweeps.

 

Cinco anos van xa desde que Jack Dorsey (creador de Twitter) escribira o seu primeiro twit. Desde esa o mundo da comunicación sufriu cambios importantes, en parte grazas ás redes sociais de microblogging.

O acceso á información é practicamente instantáneo: en cuestión de minutos, un acontecemento sucedido nunha parte do planeta é coñecido por todo o mundo. A información transmítese de xeito 'vírico' grazas ao sistema de seguidores de twitter.

As 'celebridades' están máis preto que nunca: hoxe en día podemos manter conversacións a través do twitter, e outras redes sociais, cos personaxes que antes só podíamos ver na televisión, nas revistas ou nos xornais.

[...]

 

[...]

Persoas anónimas convertidas en líderes: twitter afianzouse coma un dos escaparates máis grandes do mundo. Persoas de todas as nacionalidades atopan neste tipo de redes un 'auditorio' onde amosar os seus traballos, ideas e pensamentos... moito máis grande do que poderían soñar no mundo real.

Revolución para o mundo da radio e da televisión: hoxe en día son poucos os programas de radio ou televisión que non interactúen, en directo, cos seus seguidores. Isto xa pasou co uso do teléfono pero... agora son milleiros os espectadores que participan cando antes, só uns poucos afortunados eran convidados á 'festa'.

Elimínase o secundario: a limitación de 140 caracteres que puxo twitter nos seus posts, ao contrario do que moita xente podería pensar, non é algo negativo xa que, cada vez que escribimos algo, pensamos ben o xeito de dicilo para ir ao 'miolo da cuestión'.

Publicado por Mestres e mestras do século XXI

Actividades Chema

 

 

Actividades propostas

 

S2.  Le o texto e responda. Se é necesario busque o significado dos termos que non coñeza.

  • En que consiste un servizo como Twitter?
  • Cal é a idea fundamental expresada polo texto? Comparte vostede o subscrito nel?
  • Que medidas lle parece que se deberían ter en conta á hora de participar nestas redes sociais?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License