2.7 A necesidade de educar en materia de TIC

Esta semana atopeime cunha nova que me fixo pensar: "Facebook está sendo utilizado como proba en divorcios.". Non, non se trata de un caso illado, en EEUU ao redor do 25% dos divorcios teñen como proba fundamental cousas colgadas nesta rede social

Esto quere dicir que as Redes Sociais son malas? Por supuesto que non. As redes sociais non son nin boas nin malas, o que é bo ou malo é o uso que se lle da a este tipo de ferramentas. O que non podemos e negar a existencia de algo tan estendido como as Redes Sociais. Facebook, sen ir máis lonxe chega xa aos 649 millóns de usuarios.

Que nos di todo isto? Pois que a educación en materia de TICs faise, agora mesmo, imprescindible. Moita xente non comprende que todos/as os que estamos inmersos en internet temos unha "identidade virtual" ademais da nosa identidade real, e que tan importante é unha como a outra. Si na nosa vida real non vamos contando todas as nosas intimidades pola rua, ¿por que o facemos en internet?

Si esto sucede con xente "adulta" que inverte relativamente pouco tempo ao día neste tipo de redes e que, ademáis, se lle presupón unha certa madurez, ¿que pasará cos nósos pequenos/as?. Eles/as pasan moitas horas ao día conectados e, ademáis, moitas veces non son conscientes da repercusión que poden ter os seus comentarios, links, fotos ou vídeos.

Esta é outra das razóns que apoian a idea de que a educación en materia de TICs é imprescindible para formar cidadáns do Século XXI, propietarios dunha identidade real, pero tamén dunha "identidade virtual".

Publicado por Mestres e mestras do século XXI

 

 

Actividades Chema

Actividade proposta

S8.  Lea atentamente o texto anterior e descubra os erros ortográficos que contén. Empregue para facelo as ferramentas que coñece (dicionario, vocabularios, correctores). Despois reescriba o texto correctamente.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License