4.1 Contidos en lingua galega

Bloque de comunicación escrita

  • Vimos a definición de redes sociais e o seu influxo como medio de comunicación na actualidade e os distintos tipos de relación que teñen lugar nas mesmas.
  • Vimos que é un diccionario, para que serve e os principais dicionarios galegos en liña:Comentamos o emprego doutra ferramenta moi eficaz para o noso estudo: os correctores ortográficos, en concreto o que ofrece a Universidade de Vigo, OrtoGal, no que podemos comprobar se os textos que redactamos son correctos ou teñen algún erro que cómpre corrixir.
    • Digalego.com.
    • Dicionario da Real Academia Galega (RAG).
    • VolG: Vocabulario ortográfico da lingua galega.
  • Aprendemos a usar os dicionarios e o corrector ortográfico e aplicámolo a casos concretos.

Bloque de coñecemento da lingua

  • Regras de emprego das grafías h, b/v.

Bloque de lingua e sociedade

  • Vimos a importancia que as TIC teñen na sociedade actual.
  • Opinamos e criticamos sobre os proles e os contras do uso das TIC.

Bloque de educación literaria: os Séculos Escuros.

Séculos Escuros da literatura galega: o período abranguido entre os séculos XV e XVIII, que se caracteriza pola case ausencia total de literatura escrita. A lingua galega perde prestixio en favor do castelán e a literatura galega queda así á marxe do Renacemento e do Barroco.

No século XVIII xorden as voces de denuncia dos "ilustrados", que amosan a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Despuntan con forza as figuras de Frei Martín Sarmiento, e do Padre Feixoo, o primero en rexeitar a condición de dialecto para o galego.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License