2.5 OrtoGal: Corrector ortográfico

OrtoGal é un corrector ortográfico gratuíto e en liña elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Está adaptado ao cambio normativo da lingua galega de 2003 e soporta un límite máximo de 50.000 caracteres. O seu enderezo de internet é:

Para utilizar este corrector cómpre seguir estes pasos:

  • Escribir un texto nun procesador de textos.
  • A continuación, marcarémolo e copiarémolo.
  • Entramos no enderezo de OrtoGal e pegamos o texto. Prememos no botón “Comprobar ortografía” e aparece unha ventá na que nos irán sinalando os erros atopados.

Acabada a corrección, cópiaseo texto corrixido e o pégase no lugar desexado.

ortogal

Actividades Chema

Actividade proposta

S4. Escriba un texto en galego no que dea a súa opinión sobre o influxo das novas tecnoloxías na súa vida; de seguido empregue os dicionarios, vocabularios ou correctores en liña que lle vimos de propor para a súa corrección.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License