2.3 Dicionarios en galego

Un dicionario é unha obra de consulta de palabras ou termos ordenados alfabeticamente e dos que se proporciona o seu significado, a etimoloxía e a ortografía e, nalgúns casos, se fixa a súa pronuncia e a separación silábica. A información que proporcionan os dicionarios varía segundo o tipo ao que pertenza.

 En galego, dispoñemos dalgúns dicionarios dixitais que poden axudarnos no noso estudo. De seguido amosámoslle algún dos máis empregados. Neles poderá atopar as palabras que non coñeza, comprobar se as escribe correctamente e conxugar as formas verbais que queira coñecer.

 

Dicionariobusca

 

 

Actividades Chema

Actividades propostas 

S3.  Lea o seguinte texto e busque, nalgún dos dicionarios que lle vimos de amosar, as palabras subliñadas, e anote os seus significados.

 

[...]Diante dun prato sen patacas, aínda que estea cheo de exquisiteces, o galego sente unha especie de baleiro metafísico. O galego ten efectivamente saudade, pero a expresión máis radical da saudade galega é a saudade das patacas. Cando ten patacas, o galego séntese recompensado pola vida, disfruta do banquete, pataquiña a pataquiña, e non envexa os menús de perifol. Efectivamente, non despreza nada e degusta con bo padal os froitos da terra, mar e aire, pero o galego fetén non come, digamos por caso, bertorella con patacas senón patacas con bertorella. Neste caso, a orde de factores si que altera o producto.

Hai unha distancia abismal entre comer bertorella con patacas e comer patacas con bertorella. O galego pode comer patacas e se ademais acompaña a bertorella, ¡bocato di cardinali! Se non hai bertorella, que lle imos facer, pois veña pataquiñas que entran que dá xenio. A desgracia preséntase cando hai bertorella pero non hai patacas. O galego mira para o prato, repenica cos dedos na mesa, mira e remira, dálle a volta ao peixe por ver se quedou algo agachado, e logo asolágase nun estado de paciente perplexidade. Pasan os minutos, e o galego molla un codecho de pan, pincha un pouquiño por aquí e outro pouquiño por alá, como interrogándose que fai aquel pobre peixe solitario no seu prato. O maitre, se é espelido, nota que está a pasar algo raro co cliente aquel da bertorella. Achégase afable e co mellor dos sorrisos.

Manuel Rivas, Toxos e flores, Edicións Xerais 1999

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License