5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1.   Que son as redes sociais?


Páxinas de internet onde a xente se relaciona.

Conexións rápidas a internet.

Estruturas sociais onde hai individuos que se encontran relacionados entre si.

As dúas primeiras respostas.


2.    Que son os dicionarios?


Obras de consulta de palabras que se atopan ordenados alfabeticamente.

Libros que recollen informacións temáticas.

Enciclopedias por materias.

Glosarios de termos especializados.


3.   Que é o VOLG?


É un dicionario en liña.

É un corrector ortográfico.

É un libro electrónico en galego.

É un vocabulario ortográfico da lingua galega.


4.    Para que serve un corrector ortográfico?


Para cambiar as maiúsculas polas minúsculas.

Para analizar textos co fin de detectar e de corrixir faltas ortográficas.

Para ampliar o significado dunha palabra dubidosa.

Para acentuar as palabras que o necesiten..


5.   Que se entende por TIC?


Tecnoloxías da información e da comunicación.

Teoría da iniciativa e a comunicación

Técnica informática de competencia.

Tecnoloxía informática do coñecemento.


6.    Que permiten os medios de información dixital?


Todo o que nós queiramos.

Os medios de información dixital permiten unha actualización constante das noticias e sucesos que se producen ao longo das horas e dos días.

Permiten facer menos cousas que os medios de información impresos.

Ofrecen as mesmas posibilidades que os medios de información impresos.


7.    Permiten os medios de información dixital que o texto leve elementos multimedia?


Non.

Depende, pero polo xeral non.

Si. Cantos máis mellor.

Si.


8.   Que efecto produce a inmensa cantidade de información dispoñible nos medios dixitais?


Un exceso de información.

Non produce efecto ningún.

Que esa información sexa máis rigorosa.

Que teñamos máis información da que necesitamos.


9.    Que é un ditongo?


A unión na mesma sílaba de dúas vogais.

Dúas vogais xuntas pero que pertencen a sílabas diferentes.

Unha vogal tónica e outra átona.

Dúas vogais abertas.


10.    Como están formadas as perífrases verbais?


Un verbo conxugado e outro verbo en forma nominal (infinitivo non persoal, xerundio, participio). Estes dous verbos poden estar xuntos sen máis ou unidos por unha preposición ou a conxunción que.

Un verbo sen conxugar e outro verbo en forma nominal (infinitivo non persoal, xerundio, participio). Estes dous verbos poden estar xuntos sen máis ou unidos por unha preposición ou a conxunción que.

Un verbo conxugado e outro verbo en forma non nominal (infinitivo non persoal, xerundio, participio). Estes dous verbos poden estar xuntos sen máis ou unidos por unha preposición ou a conxunción que.

Un verbo conxugado e outro verbo en forma nominal (infinitivo conxugado, xerundio, participio). Estes dous verbos poden estar xuntos sen máis ou unidos por unha preposición ou a conxunción que.


11.    Que tipos de perífrases hai en castelán?

  


Modais, temporais e aspectuais.

Modais e aspectuais.

Modais.

Modais, aspectuais e imperfectas.


12.    Os introdutores de versos e estrofas de orixe italiana na literatura renacentista española foron:


Boscán e Garcilaso.

Cervantes e Góngora.

San Juan de la Cruz e Fray Luis de León.

Diego Hurtado de Mendoza.


13.    Quen é o autor do Lazarillo de Tormes?


Castelao.

Unamuno.

Garcilaso de la Vega

Diego Hurtado de Mendoza.


14.    A que xénero literario pertence o Lazarillo?


Á novela bizantina.

Á novela de cabalerías.

Á novela picaresca.

Á novela sentimental.


15.    Cal foi o propósito inicial de Cervantes cando escribiu o Quijote?


Facer a parodia das novelas sentimentais.

Facer o eloxio das novelas bizantinas.

Facer unha parodia das novelas de cabalarías.

Construír uns personaxes símbolos do ser humano.


16.    Que son os Séculos Escuros?

 


Anos de malas colleitas.

Épocas de moitas guerras.

Período de decadencia da lingua e da literatura galega.

Período de esplendor da lingua e da literatura galego-portuguesa.


17.    Cando se volveu o galego unha lingua practicamente ágrafa?


Na metade do século XVI.

A principios do século XIX.

A finais do século XV.

Iso nunca sucedeu na historia da formación do galego.


18.   Escritores do século XVIII que comezaron a reivindicar o galego como lingua de expresión cultural foron:


Rosalia de Castro e Curros Enríquez.

Frei Martín Sarmiento e o Padre Feijoo.

Jovellanos e o conde de Aranda.

O marqués de Sargadelos.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License