6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación
-
Cando empregamos con máis abundancia a clase de palabra adxectivo?
-
Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía…), un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…).
-
Que tipos de descrición existen?
-
O retrato, a descrición de lugares e ambientes e os anuncios.
-
Que características teñen os textos descritivos?
-
Organizan a descrición segundo un criterio espacial, uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de substantivos pertencentes ó mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).
-
Cales son os elementos de cohesión máis utilizados?
-
A referencia, a substitución e a cohesión léxica.
-
Que outros procedementos hai para acadar a cohesión dun texto?
-
A inserción de expresións explicativas, o uso do xerundio e o uso do participio.
-
Que elementos inflúen nun deseño de páxina correcto?
-
O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do parágrafo.
-
Que tres procedementos hai para a formación de palabras?
-
Derivación, composición e parasíntese.
-
Que é o lexema ou raíz ?
-
E a parte común que teñen un grupo de palabras e que transmite o seu significado básico común.
-
Que é a derivación?
-
É un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema prefixos e/ ou sufixos.
-
Que é a composición?
-
É un procedemento de formación de palabras novas que consiste na unión de dúas ou máis palabras.
-
Cando se produce o cambio de categoría gramatical?
-
Na formación de palabras por derivación.
-
Que elementos forman unha familia de palabras?
-
Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, polo tanto, teñen certa relación de significado.
-
Que tipo de familias de palabras hai?
-
Regulares (co mesmo lexema) e irregulares (con lexema diferente).
-
Por que se caracteriza a oración simple?
-
Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes funcións: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo (se o verbo é copulativo) e complemento predicativo.
-
Que é o complemento directo?
-
É un complemento obrigatorio para certos verbos. Pódese substituír polos pronomes átonos.
-
O complemento indirecto..
-
É o complemento que recibe o dano e o proveito da acción do verbo.
-
Que é o atributo?
-
É o complemento que levan os verbos copulativos.
-
Dentro do guión cinematográfico, as réplicas son...
-
Os diálogos.
-
No guión cinematográfico, as didascalias son...
-
As indicacións sobre como debe filmarse a escena.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License