2.11 A descrición. Os textos descritivos (aspectos teóricos)
A descrición consiste na representación mediante a linguaxe de persoas, lugares, obxectos ou procesos. Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía, etc.), un animal (se é carnívoro, omnívoro, a cor da súa pel, etc.) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado ou circular) realizamos a súa descrición. Nelas empregamos sobre todo unha clase de palabras, o adxectivo, que nos permite expresar as calidades dese obxecto ou desa persoa.
Tipos de descrición
-
Retrato: é a caracterización física e moral dun personaxe, normalmente encadrado no seu tempo e lugar.
-
Descrición topográfica: é a descrición de lugares e ambientes. Adoita ter moita importancia nos relatos literarios.
-
Anuncio: estamos diante doutro tipo especial de descrición que se caracteriza por describir dun modo máis implícito ou suxerido que de forma expresa. O seu propósito é persuasivo, é dicir, orientar o comprador cara a un determinado artigo.
Características dos textos descritivos
-
A descrición organízase seguindo un criterio, que pode ser espacial: de arriba a abaixo, de dereita a esquerda, etc.
-
Uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico.
-
Uso frecuente de adxectivos.
-
Uso de verbos en presente e en pretérito.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License