5. Exercicios de autoavaliación

1 Cando empregamos con máis abundancia a clase de palabra adxectivo?

Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía).

Cando queremos falar sobre como é un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, circular…).

Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía…), un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…).

Cando queremos falar sobre como é un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…)


2 Que tipos de descrición existen?

O retrato, a descrición de lugares e ambientes, e os anuncios.

Só o retrato.

Só os anuncios.

O retrato, os anuncios e a narrativa.


3 Que características teñen os textos descritivos?

Organizar a descrición segundo un criterio temporal, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

Organizar a descrición segundo un criterio subxectivo, uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico e uso frecuente de adxectivos.

Uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

Organizar a descrición segundo un criterio espacial, uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).


4 Cales son os elementos de cohesión máis utilizados?

A referencia, a substitución e as repeticións.

A referencia, a substitución e a cohesión léxica.

A referencia e os adxectivos.

A substitución e os adverbios.


5 Que outros procedementos hai para alcanzar a cohesión dun texto?

A inserción de expresións explicativas, o uso do xerundio e o uso do participio.

A inserción de expresións explicativas e o uso da preposición.

O uso do xerundio, o uso do participio e das interxeccións.

A inserción de expresións explicativas e o uso da voz pasiva.


6 Que elementos inflúen nun deseño de páxina correcto e adecuado?

O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do parágrafo.

O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, a cor das letras e a confección do parágrafo.

As marxes, a cor do papel, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do parágrafo.

O tipo de papel e a súa orientación, as marxes e o espazamento entre liñas.


7 Que tres procedementos hai para a formación de palabras?

Derivación.

Derivación e composición.

Composición e parasíntese.

Derivación, composición e parasíntese.


8 Que é o lexema ou raíz ?

É a parte común que ten un grupo de palabras e que transmite o seu significado básico común.

É unha clase de sufixo.

É unha clase de prefixo.

É unha clase de palabras.


9 Que é a derivación?

É un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema prefixos e/ou sufixos.

É outra acepción pola que se coñece o lexema.

É un proceso de palabras que se dá raras veces na lingua.

É un proceso de formación de palabras propio do castelán.


10 Que é a composición?

É o resultado de engadirlle sufixos a un lexema.

É un procedemento de formación de palabras novas que consiste na unión de dúas ou máis palabras.

É o resultado de engadir prefixos a un lexema.

É o resultado de engadir prefixos e sufixos a un lexema.


11 Cando se produce o cambio de categoría gramatical?

Non se produce nunca.

Cando temos un prefixo nunha palabra.

 Cando se produce ao mesmo tempo derivación mais composición.

Na formación de palabras por derivación.


12 Que elementos forman unha familia de palabras?

Está formada por algunhas palabras que comparten o mesmo prefixo e que, xa que logo, teñen certa relación de significado.

Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, xa que logo, teñen certa relación de significado.

Está formada por todas as palabras que comparten as mesmas desinencias e que, xa que logo, teñen certa relación de significado.

Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, xa que logo, non gardan relación de significado ningunha.


13 Que tipo de familias de palabras hai?

Só regulares (co mesmo lexema).

Só irregulares (con lexemas diferentes).

Regulares (co mesmo lexema) e irregulares (con lexema diferente).

Regulares (co mesmo lexema), irregulares (lexema diferente) e semiirregulares.


14 Por que se caracteriza a oración simple?

Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes funcións: preposicións, adverbios, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, e atributo (se o verbo é copulativo).

Por ter como núcleo do predicado un substantivo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes funcións: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo (se o verbo é copulativo) e complemento predicativo.

Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes: nomes, adxectivos, CD, CI, complemento de réxime preposicional ...

Por ter como núcleo do predicado un adxectivo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial...


15 Que é o complemento directo?

É un complemento obrigatorio para certos verbos. Pódese substituír polos pronomes átonos.

É un complemento obrigatorio para certos verbos. Pódese substituír polos pronomes te e che.

É un complemento obrigatorio para certos verbos. Pódese substituír polos pronomes tónicos.

É un complemento formado por un adxectivo.


16 O complemento indirecto..

É o complemento que recibe o dano e o proveito da acción do verbo.

É o complemento que teñen que levar os verbos copulativos.

É o complemento que levan os verbos en voz pasiva.

É o complemento que indica as circunstancias de tempo, lugar, modo...


17 Que é o atributo?

É o complemento propio dos verbos en voz pasiva.

É o complemento que levan os verbos copulativos.

É o complemento que indica unha circunstancia de tempo, lugar, modo..

É o complemento que recibe o dano ou proveito da acción do verbo.


18 Dentro do guión cinematográfico, as réplicas son...

As indicacións sobre como debe filmarse a escena.

Os diálogos.

Os nomes dos personaxes.

Os personaxes secundarios.


19 No guión cinematográfico, as didascalias son...

As indicacións sobre como debe filmarse a escena.

Os diálogos.

Os nomes dos personaxes.

Os personaxes secundarios.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License