2.10 Cine e literatura

 

Desde a súa aparición a finais do século XIX, o cine inspirouse nas novelas para a realización de películas e aínda que literatura e cinematografía son dous xéneros diferentes, teñen en común que ambos presentan unha historia con personaxes, diálogo e acción. O que os diferencia principalmente é a maneira en que se consumen: a novela, en solitario, imaxinando o lector escenas e personaxes. O cine, normalmente en grupo, con imáxenes e sons fabricados por outras persoas. Os dous, cine e literatura, influíronse un ao outro: o cine toma historias da literatura e adáptaas; un guión cinematográfico é un instrumento literario. En canto á literatura, hai que sinalar que a estructura narrativa de moitos autores contemporáneos copia o estilo cinematográfico: as frases curtas e directas ou a forma de ver aos personaxes, como se moven e o seu entorno.

A adaptación dunha novela a guión cinematográfico comporta unha serie de transformacións. Así, a novela consta do relato dos feitos, do diálogo (directo ou indirecto), das descricións e dos retratos. O guión cinematográfico consta dos papeis ou designacións dos personaxes, as réplicas (diálogos) e das didascalias (indicacións sobre o decorado, as accións, o ton...o que en teatro chámase anotacións).

E. Coromimas, C. Rubio, Técnicas de escritura, editorial Teide, 1989 (adaptación).

 Actividades propostas

A curtametraxe do apartado de comunicación oral está baseada nun relato de Castelao titulado Unha rúa nun porto lonxano, do seu libro Cousas. Pode achegarse a unha biblioteca para ler o relato ouacceder a algún destes enderezos de internet:

S16- Que diferenzas atopa na curtametraxe con respecto ao relato de Castelao?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License