2.5 Normas ortográficas: uso do h

O h é un signo ortográfico que non representa ningún son, pero mantense na lingua escrita, en posición inicial, en interior ou final de palabra (horta, prohibir, oh, ah).

  • Escríbense con h todas as formas dos seguintes verbos e derivados: haber, habitar, herdar, honrar, hospedar e humillar. Exemplos: había, haberes, habitamos, habitante, hai, herdanza, herdarán, honradez, honrarían, hospedara, hospedaxe, humillante,...
  • Escríbense con h os seguintes prefixos:
    • Hecto-: hectolitro...

    • Hemero-: hemeroteca...

    • Hemi-: hemisferio, hemiplexia...

    • Hemo-: hemofilia, hemorraxia...

    • Hepta-: heptasílabo...

    • Hetero-: heterosexual...

    • Hexa-: hexágono...

    • Hidro-: hidróxeno, hidrografía...

    • Hiper-: hipermercado, hipermetropía...

    • Hipo-: hipódromo...

    • Homo-: homosexual, homoxéneo...

  • As seguintes palabras que levan o h intercalado: adherir, adhesivo, anhídrido, coherente, cohibir, deshidratado, deshonesto, deshonra, exhausto, exhibir, exhortar, inhábil, inhumano, prohibir, rehabilitar, vehículo...
  • Por motivos etimolóxicos escríbense conh palabras como harmonía, hasta e helmo.
  • Tamén por razóns etimolóxicas non levan h palabras como: aí, ¡ala!, ¡ola!, baía, ermida, irmán, inchar, ombro, orfo, oso, ovo, úmero...

Actividades propostas

S6. Busque no dicionario e escriba dúas palabras que leven os seguintes prefixos:

halo-; hecto-; heli-; hemat-; hemi-; hepat-; hepta-; hetero-; hexa-; hidro-; hipno-; hipo-; homo-

S7.  Escriba dúas palabras derivadas das seguintes (pode consultar o dicionario);

adherir; hábil; habitar; hábito; harmonía; herba; heroe; historia; hora; humano-; humidade

S8. Complete as frases que veñen a continuación colocando as seguintes palabras no lugar que lles corresponda: hipódromo, inhumano, exhausto, ermida, inchei, aí, orfos, ola!

 

balsa e agora estou  .

Atoparémonos  , na porta da .

É non axudar aos .

! Pedro, queres vir comigo ao  ?

  

Pode reforzar e ampliar o uso do h realizando as actividades propostas nestas direccións

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License