2.7 No lugar equivocado no momento xusto
-
Empecei a experimentar Palestina xa no propio avión. Ao facer escala en Barcelona un pasaxeiro israelí esixiu que o cambiasen de asento porque de repente se atopara rodeado de viaxeiros que falaban o árabe. Logo, sobrevoando Sicilia, unha muller palestina suscitou unha pequena alarma ao pedir un coitelo para pelar unha mazá; e a dez mil metros sobre Chipre foron uns xudeus arxentinos quen se enfureceron ata ameazar cun motín se non se lles proporcionaba unha cea kosher. Ninguén parecía ir cómodo naquel avión, e isto debía servirme de advertencia.
Tampouco ía eu demasiado cómodo, xa postos. O viño que servían de aperitivo deume dor de cabeza e, ao chegar, o noso voo coincidiu con tres jumbos procedentes de Nova York cargados de centos de ultraortodoxos, con hashidim que, coma unha marea negra de sombreiros nos inundaban o vestíbulo do aeroporto e facían imposible chegar ata a aduana.
Este era o aeroporto Ben-Gurion...
Todos os aeroportos son lugares en certo modo máxicos. Un chega polo ceo e marcha polo ceo. Polo menos a maior parte das veces. Pero o aeroporto internacional Ben-Gurion, preto de Tel Aviv, é máxico se cadra noutro senso: é un lugar polo que osman as pantasmas.
Miguel Anxo Murado, Fin de século en Palestina Galaxia, 2008, Vigo
Actividades propostas
S9. Lea o texto e conteste ás seguintes cuestións:
Mediante a adición de sufixos e prefixos escriba palabras que pertencen á familia léxica destas que aparecen no texto (se o necesita, realice o exercicio coa axuda dun dicionario, que poderá atopar en calquera biblioteca ou en internet en: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html.
-
-
Coitelo
-
Enfureceron
-
Cómodo
-
Asento
-
-
Que significado teñen os seguintes prefixos destas palabras extraídas do texto?
-
Ultraortodoxo
-
Internacional
-
Sobrevoando
-
Aeroporto
-
-
Diga a que categoría gramatical pertence cada unha das seguintes palabras (as da columna esquerda están extraídas do texto).
|
Experimentar: |
Experimento: |
Experimentado: |
|
Motín: |
Amotinado: |
Amotinar: |
|
Dor: |
Doente: |
Doído: |
|
Viaxeiro: |
Viaxar: |
Viaxe: |
S10. Elabore un pequeno texto en galego coa familia léxica de local: localidade, localización, localizar, ilocalizable...
S11. Nas dúas linguas do ámbito existen tamén as chamadas familias léxicas irregulares, é dicir, que teñen diferente raíz. Exemplos: en castelán: oculista, ojo, oftalmólogo...; en galego: oito, oitenta, oitocentos, octoxenario, octógono... Indique dous exemplos máis de familias léxicas irregulares.
Pode reforzar e ampliar o referente á formación de palabras e familias léxicas facendo as actividades propostas nesta dirección de internet:
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License