2.13 Elementos fundamentais do relato literario (aspectos teóricos)
Cando estudamos o xénero narrativo, falabamos dos elementos fundamentais das narracións: personaxes, acción (presentación, nó e desenlace), espazo e tempo.
No relato literario un elemento fundamental é tamén a voz do narrador. Ás veces, este fala en primeira persoa; outras, en terceira persoa, sabéndoo todo da acción e dos seus personaxes... Nun relato literario, o narrador pode ser:
-
Protagonista: cando o relato se narra en primeira persoa.
-
Testemuña: cando o relato se narra, polo xeral, en primeira persoa. O narrador é testemuña dos feitos relatados.
-
Omnisciente: cando o relato se narra en terceira persoa. O narrador sitúase fóra da historia e refírese a ela omniscientemente, sabendo todo sobre os personaxes.
-
Observador: cando o relato se narra en terceira persoa. O narrador sitúase fóra da historia pero limítase a describir as accións dos personaxes sen ser coñecedor dos seus pensamentos, as súas emocións, etc.
-
En segunda persoa: o narrador pódese dirixir ao protagonista da historia ou ben recorrer á estrutura epistolar.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License