4.1 Contidos en lingua galega
Bloque de comunicación oral
-
Aprendemos a valorar a importancia da comunicación oral e xestual como xeito de comunicación universal.
Bloque de comunicación escrita
-
As características dun texto con cohesión adecuada son: emprego de pronomes e de vocabulario acorde co tema do que se fala, inserción de expresións explicativas, e emprego do xerundio e participio.
-
Estes son os requisitos formais que debe cumprir a presentación dun traballo ou un texto en soporte impreso ou dixital: tipo e orientación do papel (vertical ou horizontal), marxes, espazo entre liñas (sinxelo, de 1,5 ou dobre) e xustificación ou disposición do texto (dereita, esquerda, centrada e completa).
-
Aprendemos a buscar libros e fragmentos de textos na Biblioteca Virtual Galega.
Bloque de coñecemento da lingua
-
Empregamos h en todas as formas de haber, habitar, herdar, honrar, hospedar e humillar.
-
Tamén nos prefixos de orixe grega e latina como hecto-, hemero-, hemi-, hemo-, hepta, hetero-, hexa-, hidro-, hiper-, hipo- e homo-.
-
Así mesmo, intercalado en palabras como adherir, anhídrido, coherente, cohibir, deshidratado, deshonesto, exhausto, exhibir, exhortar...
-
Por motivos etimolóxicos, hai palabras que levan h en galego: harmonía, hasta ou helmo. E que polos mesmos motivos hainas que non o levan: aí, ola!, baía, ermida, irmán, inchar, ombro, ovo...
-
Podemos formar palabras: por derivación, engadindo a un lexema prefixos (van diante) e sufixos (van detrás) e composición, unindo dúas ou máis palabras para formar unha nova.
-
Tanto os prefixos coma os sufixos engaden ao lexema diferentes significados (negación, repetición, lugar, profesión... e expresións de diminución, aumento ou desprezo). En moitos casos, tamén producen un cambio na categoría gramatical da nova palabra.
-
Na oración gramatical o suxeito é quen realiza a acción indicada polo verbo. O seu núcleo é un substantivo ou pronome que concorda co verbo.
-
O predicado é o que se di do suxeito e o seu núcleo só pode ser un verbo.
-
Os complementos máis importantes son:
-Complemento directo (CD), obrigatorio para os verbos transitivos. Non leva preposición, agás cando se refire a seres animados. Pódese substituír polos pronomes átonos.
-Complemento indirecto (CI), é quen recibe o dano ou proveito da acción verbal. Sempre leva preposición, xeralmente a.
-Complemento circunstancial (CC), opcional, expresa as circunstancias nas que se realiza a acción verbal. Non concorda con ningún elemento da oración.
-Atributo (Atr), aparece cos chamados verbos copulativos: ser, estar, parecer, semellar, etc.
-Complemento preposicional, esixido por determinados verbos e introducido por unha preposición. Recoñécese substituíndoo por un pronome tónico.
-Complemento axente (Cax), propio das oracións en voz pasiva, indica quen realiza a acción do verbo.
-Complemento predicativo (CPvo), formado sempre por un adxectivo, complementa o verbo, suxeito e complemento directo. Concorda co suxeito ou co CD.
Bloque de lingua e sociedade
-
Literatura e cine teñen en común que presentan unha historia con personaxes, diálogos e acción. No guión cinematográfico hai papeis ou designacións dos personaxes, réplicas, que son os diálogos e didascalias, indicacións sobre o decorado, as accións, o ton, etc.
Bloque de educación literaria
-
As características que definen os textos descritivos son: organización, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, de adxectivos e de verbos en presente e pretérito.
-
Tipos de descrición: retrato, ou caracterización física e moral dun personaxe; descrición topográfica, de lugares e ambientes; anuncio, cuxo propósito é orientar o consumidor cara a un determinado artigo.
-
Compuxemos textos facendo descricións físicas e psicolóxicas de personaxes.
-
Identificamos en dous textos os elementos fundamentais do relato literario: personaxes, acción (presentación, nó,e desenlace), espazo, tempo e narrador.
-
A narración pode estar en primeira persoa: cando o narrador é protagonista ou testemuña. En terceira persoa: o narrador omnisciente sabe todo dos personaxes; o observador limítase a describir as accións, sen sabelo todo. Cando a narración está en segunda persoa, o narrador diríxese ao protagonista ou recorre á estrutura epistolar.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License