Deep Learning. Retos: UX1A recoñece emocións (gal)
Materia: Intelixencia artificial
Descrición: Contido interactivo complementario ao módulo de experimentación “UX1A recoñece emocións” no que o alumnado atopará tres retos diferentes que lle axudarán a reflexionar e obter conclusións sobre as súas interaccións co axente intelixente.
O alumnado empregará o contido “UX1A recoñece emocións” para realizar os retos, e rexistrará neste contido os seus resultados, que poderá descargar en PDF.
O contido está orientado á aprendizaxe de conceptos básicos de Intelixencia Artificial e busca guiar ao alumnado na súa reflexión sobre o funcionamento e a obxectividade dos axentes intelixentes, así como sobre a importancia dos datos empregados no adestramento para o recoñecemento de trazos nunha mostra.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas.
Número de sesións estimadas: 1.
Aclaracións:
- Este módulo é a terceira parte dunha actividade máis ampla que inclúe un primeiro módulo de simulación do adestramento da máquina con distintos conxuntos de datos ("UX1A aprende") e un segundo módulo de experimentación cunha IA real capaz de identificar as emocións ("UX1A recoñece emocións").
- Recoméndase introducir os conceptos básicos na aula de forma previa á utilización do contido. En “Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” atoparás a teoría necesaria.
- Recoméndase empregar previamente o recurso "UX1A aprende" e familiarizar ao alumnado co recurso "UX1A recoñece emocións".
- Esta versión do contido está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.
Outras características:
- Retos descargables en PDF coas respostas do alumnado.
- Introdución do método científico de forma transversal nos retos.
Contidos relacionados: