Deep Learning. UX1A recoñece emocións (gal)

Visto: 559 veces
Votos
Media: 4.6 (5 votos)

2023-01-26

Ilustrativo. UX1A recoñece emocións

Materia: Intelixencia artificial

Descrición: Contido de experimentación no que o alumnado poderá interactuar cunha Intelixencia Artificial real adestrada con Deep Learning para que recoñeza as cinco emocións: alegría, sorpresa, tristura, enfado e medo.
O alumnado poderá empregar tarxetas precargadas no contido ou a súa propia webcam para ensinarlle distintas expresións a UX1A, quen tentará recoñecelas e ofrecerá as porcentaxes de correspondencia que atopa con cada unha das emocións. 
O contido está orientado á aprendizaxe de conceptos básicos de Intelixencia Artificial e permite ao alumnado reflexionar sobre o funcionamento e a obxectividade dos axentes intelixentes, ao tempo que profunda na importancia dos datos empregados no adestramento para o recoñecemento de trazos nunha mostra.

Tipo de recursos: 

  • Experimentación directa cunha IA real.

Número de sesións estimadas: 1.

Aclaracións: 

  • Este módulo de experimentación é a segunda parte dunha actividade máis ampla que inclúe un primeiro módulo de simulación do adestramento da máquina con distintos conxuntos de datos ("UX1A aprende") e un terceiro módulo de retos para profundar nas reflexións ("Retos: UX1A recoñece emocións").
  • Recoméndase introducir os conceptos básicos na aula de forma previa á utilización do contido. En “Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” atoparás a teoría necesaria.
  • Recoméndase empregar previamente o recurso "UX1A aprende".
  • Esta versión do contido está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.

Outras características: 

  • Dous modos de experimentación: tarxetas precargadas aleatorias e webcam.
  • Experimentación libre que permite facer o número de probas que se precisen ou desexen.
  • Resposta do axente intelixente formada por unha conclusión (identificación da emoción) e polo seu proceso de decisión (% de coincidencia con cada emoción)

Contidos relacionados: 

  • Introdución á IA. Intelixencia Artificial: guía do profesorado (gal/es)
  • Deep Learning. UX1A aprende (gal/es)
  • Deep Learning. Retos: UX1A recoñece emocións (gal/es)

Deep Learning. UX1A recoñece emocións (gal)

Visto: 0 veces
Votos
Media: 4.6 (5 votos)
2023-01-26
imaxe

Ficheiros relacionados
Recursos relacionados
Categoría personalizada
Dirixido a alumnado de Educación Primaria (5º e 6º) e Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º ESO) para adquirir e afondar nos conceptos básicos de intelixencia artificial.